Gandaría El Prado SL: Resultados da raza Fleckvieh nunha granxa española en intensivo

Visitamos Ganadería El Prado SL, unha granxa de vacún de leite de Toledo que manexa 70 vacas Fleckvieh e 110 Holstein con 3 robots de muxido. Esta é a comparativa de resultados coa mesma ración e manexo

Gandaría El Prado SL: Resultados da raza Fleckvieh nunha granxa española en intensivo

Rubén Martín Alonso é gandeiro e propietario de Ganadería El Prado S.L., en Guadamur (Toledo), a granxa española de vacún de leite en intensivo que conta con máis exemplares da raza Fleckvieh.

A cabana está compostas por 180 animais adultos (70 Fleckvieh e 110 Holstein), dos que 150 están en lactación. Estes repártense en 3 currais de 50 vacas cada un e con tres robot de muxido. “Témolas separadas porque as Fleckvieh son moi xerárquicas”, destaca Rubén.

A distribución do gando tamén se axusta ao muxido robotizado: Fai algo máis dun ano decidiron incorporar 2 robots e fai tres meses un terceiro. Son tres Lely Astronaut A4 de segunda man que contrataron en sistema de aluguer.

Outra peculiaridade desta gandaría é que non cultivan forraxes para o gando, que compran na súa totalidade. A actividade de vacún de leite compleméntase iso si co cultivo de 50 hectáreas de oliveiral en secaño e outras 15 hectáreas de cebada e trigo para gran.

Baixaron de 250 a 150 vacas en muxido pero aumentaron a rendibilidade

Ganadería El Prado SL foi fundada en 1970 polo avó de Rubén para abastecer de leite á queixería do grupo TGT, que se atopa a escasa distancia do establo. O seu pai continuou e ampliou a granxa familiar e Rubén tomou o relevo no ano 2012.

“Estudei empresariais e daquela traballaba como analista financeiro no sector bancario. Pero por mor da crise económica e de que a situación financeira da gandaría familiar non ía ben, decidín incorporarme de cheo e empezar a facer cambios”, explica.

Tomou o relevo dunha granxa con 250 vacas en produción, con 3 muxidos, unha sala de espiña de peixe de 8×2 e 7 empregados. “Pero vin que así non iamos ser rendibles. O primeiro que fixen é realizar xestión económica e ver en que áreas había que mellorar custos, porque o gandeiro tende a facer moito leite sen calcular o que lle custa”, recoñece.

Nestes 8 anos realizou importantes cambios tanto en persoal (incorporou os robots de muxido para reducir os custos salariais e paliar a falta de man de obra cualificada) de forma que actualmente a explotación manéxase contratando a só un empregado a tempo completo e outro a media xornada; implantou protocolos para detección e prevención de enfermidades do gando e mellorou a alimentación. “Os resultados notáronse de inmediato en servizos veterinarios, onde pasamos de gastar uns 18000 euros ao ano a 2.800 euros, e todo grazas á mellora do manexo”.

FLECKVIEH GUADAMUR PRADO 4

“A Fleckvieh non teñen nada que envexarlle á Holstein”

Na súa procura dunha maior rendibilidade Rubén tamén se propuxo cambiar a raza Holstein por unha vaca de alta produción con mellores trazos de saúde, facilidade de parto e fertilidade.

“Quería cambiar de raza e estaba a buscar alternativas, vin a raza Brown Swiss nunha granxa de 400 animais en Xaén. Pero en 2018 fun a Austria convidado a unha viaxe e comprobei que esta raza tiña máis vantaxes con respecto á Brown Swiss. É unha raza cárnica pero que dá moito leite”, explica.

A través de GeneticAustria, na primeira viaxe trouxo un camión de 28 xovencas preñadas, e nos seguintes meses trouxo outros dous camións, pero de animais paridos, “porque non tes que esperar 3 meses a que pairan e xa lles ves a conformación do ubre, a produción que teñen muxidas etc…”.

Comportamento en robot

Outra diferenza que detecta Rubén entre as dúas razas é que a curva de lactación na Fleckvieh é máis contínua. “Por exemplo, unha Holstein arrinca e dá 50 litros en pouco tempo e logo baixa. A Fleckvieh pica a 40 e mantense moito máis tempo nesa cantidade”, explica.

Destaca tamén que no seu caso as vacas desta raza “chegan mellor ao terceiro parto porque non teñen problemas de patas nin de ubre, mentres que a Holstein é raro que non chegue con algún problema de saúde ao terceiro parto”.

Onde saen mellor paradas as Holstein é no robot de muxido: “As Fleckvieh son algo máis duras de muxido porque teñen o esfínter máis pequeno que as Holstein, polo que nos próximos lotes que compre a través de GeneticAustria mirarei máis os trazos de muxibilidade”.

GANADERIA EL PRADO FLECKVIEHT 2

38 litros de produción en robot de muxido

Tres anos despois e cun rabaño coa mesma alimentación, a produción media é de 37 a 38 litros diarios co 3,9% de graxa e 3,5% de proteína, que vende ao Grupo TGT a un prezo base de 0,33 euros que, sumadas as calidades, chega aos 0,36 euros o litro de media. “As Fleckvieh de terceiro parto andan en 38 litros de media -algunhas picando a 60 litros-, as de segundo e terceiro parto de Holstein teñen unha media 42 litros. A Fleckvieh si que produce máis sólidos, pero se as apertas para que aumenten produción tamén baixan calidades”, destaca Rubén.

A pesar deste catro litros menos de produción diaria que as Holstein, este gandeiro móstrase convencido de que “as Fleckvieh non teñen nada que envexarlle ás Holstein, ao contrario teñen mesmo vantaxes: Non enferman, paren soas, teñen moi boa fertilidade, a incidencia de mamitie na miña granxa é un 50% inferior ás Holstein, teñen boas producións e manteñen moi boa condición corporal”.

Outro punto positivo é a venda de tenreiros. En Ganadería El Prado SL non fan recría -”non creo na recría porque os custos dunha novilla son moi grandes e aquí non temos prados para abaratar custos”, argumenta- polo que todas as vacas se inseminan con seme de razas cárnicas, neste caso con Azul Belga, por ser os máis demandados polos cebaderos na súa rexión.

Os tenreiros véndeos con 10 días de vida a uns 220 euros de media os machos, un prezo que sobe cando son de vacas Fleckvieh.

GANADERIA EL PRADO FLECKVIEHT 1

Pulpa de oliva na ración

Toda a alimentación é comprada a agricultores locais. A ración das vacas en produción en Ganadería El Prado SL está composta por 20 kg de silo de raigráss, 4 kg de feo de avea; 4 quilos de penso en fariña en pesebre e 5 quilos de penso en robot. Ademais, engaden de 6 a 8 quilos de pulpa de oliva na ración, un subproducto a bo prezo e que valoran moi positivamente. “Temos unha almazara á beira da granxa e levámola utilizando 12 anos con moi bos resultados: aumentamos graxa en leite, a comida é máis palatable e dixestible e baixa a incidencia de mamite”, resume este gandeiro.

O custo de alimentación nesta explotación está nunha media de 6,5 euros ao día por vaca.

Para as vacas secas a ración está composta por silo de raigrás, algo de palla e 3 quilos de penso. Realizan secado selectivo, e o período de secas é de 60 días. A media de días abertos é de 110.

FLECKVIEH GUADAMUR PRADO 11 FLECKVIEH GUADAMUR PRADO 10 FLECKVIEH GUADAMUR PRADO 7

Plans de futuro: Chegar ás 180 vacas en muxido, máis animais Fleckvieh e instalar enerxía solar

Sobre os plans de futuro de Rubén para a súa gandaría, asegura que lle gustaría chegar ás 180 vacas en muxido e seguir aumentando o número de vacas Fleckvieh. “O que pasa é que quero ir a Austria para seleccionalas en persoa e agora mesmo coa situación de pandemia é bastante complicado.
De feito, o ano pasado tiña previsto ir, pero ante as dificultades tiven que comprar dous camións de Holstein para a reposición”, recoñece.

Outro proxecto que ten en mente é instalar placas fotovoltaicas nas cubertas do establo para reducir a factura e ter outra vía de ingresos.

Lote das Holstein

Lote das Holstein

Situación do sector: “Unha granxa que non manexe custos e que non incorpore tecnoloxía ten difícil futuro”

Sobre a situacion das gandarías de vacún de leite, e tendo en conta a súa dobre formación como gandeiro e como economista, Rubén Martín considera que “unha granxa agora mesmo que non manexe custos e tecnoloxía estará acabada en 5 ou 10 anos”.

“O prezo do leite non vai subir e se as gandarías non fan un control de custos para reducilos e non incorporasen tecnoloxía para aforrar, moitas estarán en perdas. Eu vivino na miña granxa”, conclúe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información