Galicia recibirá 7,4 millóns de euros para axudas á reestruturación e reconversión de viñedo en 2024 e 2025

Publicidade
Galicia recibirá 7,4 millóns de euros para axudas á reestruturación e reconversión de viñedo en 2024 e 2025

A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural acordou este luns a distribución entre as comunidades autónomas de 117,23 millóns de euros para financiar programas de reestruturación e reconversión de viñedo. Dese total, 7,4 millóns corresponderán a Galicia.

En concreto, nos fondos da Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) destinados á restructuración e reconversión de viñedos procedeuse á repartición orzamentaria para o exercicio financeiro 2024. No caso de operacións bianuais, repartiuse o orzamento comprometido para 2025.

O ministro de Agricultura, Luís Planas asegurou que para “maximizar as posibilidades de execución total dos fondos da Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) considerouse viable asignar, para 2024, un 15 % por riba da ficha financeira destinada á reestruturación e reconversión de viñedos, co que o montante total a distribuír ascende a 81,24 millóns de euros”.

O obxectivo, explicou, “é maximizar as posibilidades de execución da ficha financeira total da Intervención sectorial vitivinícola para atender as necesidades financeiras comunicadas polas Comunidades Autónomas, e
reasignar posteriormente, en caso necesario, aqueles que non sexan utilizados por algunha comunidade autónoma en beneficio daquelas que teñan necesidades adicionais”.

A distribución de fondos entre as comunidades autónomas para a reestruturación e reconversión de viñedos da intervención sectorial vitivinícola é a seguinte:

MINISTERIO REPARTO FONDOS VIÑA 2025

Doutra banda, o Goberno e as comunidades autónomas acordaron levar a cabo axustes técnicos, relacionados coas intervencións de desenvolvemento rural, para facilitar a aplicación do plan estratéxico da Política Agraria Común (PAC).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información