A elaboración de produtos alimentarios artesanais ofrece ás persoas consumidoras finais unha variedade de alimentos cunha alta calidade nutricional. Por iso, e para dar a coñecer mellor a elaboración destas pezas, a Festa da Pataca de Coristanco vai ser a plataforma desde onde se dea a coñecer o distintivo Artesanía Alimentaria.
Co fin de dar a coñecer o distintivo de Artesanía Alimentaria e promocionar estes produtos certificados, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria organiza os días 16 e 17 de setembro, coincidindo coa Festa da Pataca de Coristanco, un mercado de artesanía dirixido ao consumidor final (na rúa do Muiño de Coristanco, en horario de 10:00 h a 14:00 h; 16:00 h a 20:00 h.).
Constará de 22 postos de venda ao público, onde as empresas participantes venderán produto certificado co distintivo de Artesanía Alimentaria coma: aceite, lácteos, conservas, embutidos, patés, té, especias, mermeladas, repostería, xeados, sidra, cervexa ou mel.
Para dinamizar o mercado contarase cun programa de actividades variado: charlas técnicas e divulgativas, obradoiros para adultos e nenos ademais de sorteos de lotes de produtos.