A enfermidade chegou a Europa por Francia en 1949 e a súa fitoplasma afecta a oito dos principais países produtores de uva da UENo caso da Flavescencia dourada, está causada por un fitoplasma (bacteria de parede celular) e é un parasito obrigado que vive en insectos e plantas. O axente bacteriano foi nomeado recentemente Candidatus Phytoplasma vitis, e o seu vector é o cicadelido da subfamilia Deltoceplhalinae, Scaphoideus titanus. A infección pode matar as vides novas e reducir en gran medida a produtividade das vides vellas. O seu vector insecto, S. titanus, é nativo do leste dos Estados Unidos e Canadá, e crese que foi introducido en Europa durante a II Guerra Mundial ou antes, con portainxertos estadounidenses traídos para combater a filoxera. Actualmente é unha enfermidade ben coñecida en Europa, porque leva aquí desde 1949 que apareceu na rexión de Armgnac (Francia). Cabe puntualizar que o seu fitoplasma ocorre unicamente en Europa, en oito dos principais Estados membros da UE produtores de uva (Austria, Croacia, Francia, Hungría, Italia, Portugal, Eslovenia e España), así como en Suíza e Serbia. Transmisión da Flavescencia As especies alternativas de vectores en Europa son polífagos, pero ocasionalmente poden aparecer outros na vide (Orientus ishidae, Dictyophara europaea ou Phlogotettix cyclops). "Todos son vectores alternativos que manteñen infeccións primarias desde hospedeiros alternativos ata a vide. Tamén manteñen a enfermidade en espazos naturais", aclarou Fereres e engadiu que hai numerosas plantas hóspede de FD como especies de Vitis ou Clematis vitalba, Alnus incana etc. O Scaphoideus pon os ovos en agosto-setembro, na cortiza, e logo entran en diapausa ata abril, dando lugar a 5 estados ninfais (dura unhas 5-7 semanas o estado ninfal en España). Os adultos aparecen nos meses de xullo e agosto e a súa lonxevidade é aproximadamente de 1 mes, aínda que en Italia obsérvanse adultos ata outubro.
En Italia demostrouse que a variedade Moscato é tolerante á FD e induce unha alta mortalidade de S. titanusO profesor destacou a termoterapia, como un tratamento eficaz. Trátanse con auga quente (45 minutos a 50ºC) aos patróns en estado de repouso e esquexes inxertados. "É eficaz para eliminar tanto o fitoplasma como os ovos do vector". Tamén recalcou a importancia das plantas certificadas de variedades e patróns de vide, que poden evitar a Flavescencia dourada. En canto ás variedades tolerantes a FD expón os resultados dun estudo que realizou no CSIC un investigador da Universidade de Turín (Italia). No mesmo indícase que ningún dos xenotipos explorados é inmune á Flavescencia dourada da vide, pero atopáronse algúns xenotipos pouco susceptibles dispoñibles para identificar trazos xenéticos involucrados na tolerancia/resistencia á FD. Avaliáronse as variedades Barbera, Barchetto e Moscato mediante a técnica Electrical Penetration Graph e os resultados afirmaron que a variedade Moscato, ademais de ser tolerante a FD, induciu unha alta mortalidade de S. titanus. Outras ameazas Entre outras ameazas que sofre a agricultura atópase a Xylella fastidiosa. Trátase dunha enfermidade coñecida que pode ocasionar perdas en cultivos como a vide e cítricos. Infecta a máis de 600 especies de plantas. En Europa é coñecida desde 2013, cando se identificou en Italia.
Aumento en 114 hectáreas na superficie vitícola respecto de 2022En parte este incremento da produción débese ó aumento da superficie vitícola. En concreto, neste último ano sumáronse 114 hectáreas de viña, unha superficie que se reparte entre 22.808 parcelas atendidas por 5.033 viticultores.
Prevese que nalgúns viñedos a vendima non se faga ata mediados de outubroAs previsións iniciais apuntaban tamén a que pode ser unha campaña con boa colleita en canto a cantidade se refire, aínda que puidera verse reducido o número de quilos final pola seca dos últimos meses. Con todo, podería volver situarse nas medias dos últimos anos ou superarse. O ano pasado nesta DO recolléronse un total de 10,3 millóns de quilos de uva.
Están tendo uns rendementos de 11.000 quilos por hectárea cunha uva excelente, cun sabor, acidez, grao alcohólico e pH moi bos“Están entrando acios cun bo peso e unha boa calidade. Todo apunta a que sexa unha vendima espectacular, porque a pel da uva está resistente, a uva ten sabor e ten acidez e pH moi bos”, indican nas valoracións iniciais dende o departamento técnico. Tamén están a ter uns bos rendementos, que se sitúan arredor dos 11.000 quilos por hectárea, o que fai prever que se superen tamén os 7,5 millóns de quilos de uva entre brancos e tintos. Así, agardan recoller máis de 5 millóns de quilos de uva só das variedades brancas. Pese ás boas previsións xerais, algunhas pequenas adegas tiveron problemas co mildio que afectou de xeito considerable á produción. “Non foron despistes, senón que foron tratamentos cos que non se acertou e logo foi moi difícil de controlar”, apuntan. Aínda que son casos puntuais, as perdas polo mildio chegan a reducir á metade a colleita.
Agardan que cheguen chuvias nestes días que contribúan á maduración da uva e a paliar a seca que acusan nestes mesesAdemais, a uva recollida ten unha moi boa calidade. “Esperemos que chova algo para que dea un último empurrón ás viñas que aínda que non maduraron”, apuntan dende o departamento técnico. Pese a que as cepas máis vellas teñen unha gran resistencia á seca, nesta DO non se produciron chuvias dende as treboadas de xuño e as plantas máis novas acusan a escaseza de auga e nalgunhas parcelas as viñas teñen xa as follas secas e mesmo hai acios con certa deshidratación. En canto a rendementos, as previsións iniciais apuntan a que se poidan situar preto dos 6 millóns de quilos que se obtiveron o ano pasado, xa que os ataques de mildio e a seca afectaron en certa medida.
Contan superar os 6,4 millóns de quilos de uva recollidos o ano pasado, xa que se está a incrementar a superficie de viñedoAínda que nalgunhas parcelas hai xa plantas con certo grao de estrés hídrico, as abondosas precipitacións de xuño e a capacidade de resistencia da planta, fan que as cepas vaian resistindo. O estado sanitario da uva a comezos da campaña era excelente. Agardan superar as cifras do ano pasado, no que se recolleran 6,4 millóns de quilos de uva, xa que se incrementou a superficie de viñedo. “A demanda constante dos nosos viños fai que tamén aumente o número de hectáreas plantadas”, apuntan. A demarcación conta a día de hoxe con 720 hectáreas de viñedo.
As restricións ó emprego das materias activas clásicas de protección dos cultivos e a dificultade por parte das empresas fitosanitarias para rexistrar novas obriga a procurar alternativas nos tratamentosDende a adega tamén sinalan que optaron por estudar os beneficios do uso do ozono para procurar unha redución de usos de praguicidas. Ademais, os cambios que se produciron nos tratamentos, logo das restricións ó emprego das materias activas clásicas de protección dos cultivos e a dificultade por parte das empresas fitosanitarias para rexistrar novas materias activas obriga a procurar alternativas. O uso do ozono estudouse neste proxecto para combater o mildio, pero tamén podería ser unha alternativa para outras pragas que afectan ós viñedos. “Intuitivamente parecíanos que mesmo podía ser máis efectivo contra o oídio que contra o mildio, pero durante as campañas nas que se levaron a cabo os traballos de investigación case non houbo incidencia de oídio nos viñedos e non vimos grandes avances co tratamento”, concretan dende Martín Códax. Deixan a porta aberta aínda a poder estudar a aplicación de ozono contra outras enfermidades, en especial contra o oídio. O uso do ozono tamén se emprega no cultivo da viña trala vendima, xa que o ozono ten un efecto positivo en polifenois, permite incrementar a concentración de compostos aromáticos e contribúe á redución de fermentos. Ademais, xa se está empregando no propio viñedo, a través da rega, polo efecto vigorizante que proporciona á planta, así coma nos viveiros para mellorar a sanidade dos enxertos.
“Unha vez que aumenta a presión, o ozono deixa de ser efectivo, tanto nos ataques na folla coma no acio”: Emilia Díaz, técnica da EvegaAínda que se trata de datos recollidos durante unha única campaña, amósase que o tratamento con ozono pode ser efectivo para controlar as pragas só durante as primeiras fases, xa que despois o grao de infección increméntase significativamente, mentres que con tratamentos químicos convencionais lógrase un maior control. Así, aínda que nas primeiras etapas non se atopan diferencias e o ozono podería ser unha alternativa contra o mildio, en canto se incrementa o risco e a presenza do patóxeno é preciso optar por outras solucións para manter a praga baixo control. “Una vez que aumenta a presión, o ozono deixa de ser efectivo, tanto nos ataques na folla coma no acio”, explica Emilia Díaz, técnica da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).
Aconsellan ós produtores e adegueiros afectados solicitar asesoramento coa OAC de Monforte e Castro CaldelasAsí, José Luis Cabarcos comprometeu na súa visita todos os mecanismos ao alcance do Goberno galego para que técnicos especializados poidan asesorar convenientemente aos viticultores na recuperación dos viñedos danados. Nese senso, os produtores e adegueiros afectados poidan resolver dúbidas e solicitar asesoramento no teléfono 982 889 112, correspondente á OAC de Monforte. Cabarcos tamén sinalou que estas recomendacións fitosanitarias serán enviadas á oficina agraria comarcal de Castro Caldelas, por proximidade tamén ás zonas afectadas, cuxo número de teléfono é o 988 788 827.
Xarvio Scouting, ferramenta dixital de BASF Digital Farming GmbH, introduce unha nova funcionalidade para unha análise instantánea das trampas de feromonas, o que representa unha axuda para os produtores europeos de viña, froiteiros de óso e de pebida nesta campaña.
A nova función pódese descargar gratuitamente a través da aplicación xarvio Scouting para smartphones. Está destinada aos agricultores de España, Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Polonia e Reino Unido e utiliza unha tecnoloxía moi avanzada para o recoñecemento automático de imaxes, cun sistema de aprendizaxe automática e algoritmos que identifican e contan con precisión os exemplares de carpocapsa, lobesia e grafolita atrapados nas trampas de feromonas.
O seu funcionamento é intuitivo e simple: os usuarios de Xarvio Scouting só teñen que tomar unha foto da trampa de feromonas co seu smartphone e enviar a imaxe para a súa análise. En poucos segundos e a través da aplicación, recibirán os resultados con información detallada sobre o tipo de praga e o número de insectos capturados. Ter acceso a este tipo de información axuda aos agricultores a tomar decisións máis rapidamente con respecto á xestión dos seus cultivos, ademais de proporcionarlles unhas indicacións sobre o potencial de infestación no seu cultivo e arredores. Así mesmo, a nova funcionalidade rexistra automaticamente todos os resultados.
“Grazas a Xarvio queremos focalizarnos en achegar unha maior practicidade e valor aos agricultores e asesores, axudándolles a maximizar as producións, incrementar a rendibilidade e alcanzar maior sustentabilidade. Isto é posible porque as nosas solucións dixitais empregan de forma máis eficiente as aplicacións desenvolvidas para a xestión dos cultivos”, afirma Eva Hill, Global Product Manager de Xarvio Scouting.
“A nova funcionalidade de Xarvio Scouting demostra o noso compromiso en ofrecer ao mercado unha solución testeada en campo que dea resposta ás necesidades dos agricultores. Estamos convencidos de que os viticultores e fruticultores apreciarán o valor que achega esta nova opción, en particular a súa precisión e o aforro de tempo e enerxía que lles implica poder deixar de contar manualmente os insectos atrapados nas trampas”, conclúe Hill.
Xarvio Scouting está deseñado para adaptarse ás condicións agronómicas locais. Ademais da nova funcionalidade de análise das trampas de feromonas, esta ferramenta permite monitorear a asimilación do nitróxeno, analizar o dano a nivel das follas, detectar máis de 400 malas herbas diferentes e recoñecer os danos causados por máis de 400 enfermidades, pragas e falta de nutrientes en máis de 60 cultivos. A aplicación Xarvio Scouting está dispoñible xa para descargar na App Store e en Google Play.
Grazas á súa contribución a unha produción agrícola optimizada, Xarvio sitúase en primeira liña na transformación dixital da agricultura. Xarvio ofrece solucións dixitais baseadas nunha plataforma de modelos agronómicos líder a nivel global, que proporciona asesoramento agronómico independente e específico por parcelas/área xeográfica, que permite aos agricultores producir de forma máis eficiente e sustentable.
Produtores de máis de 100 países xa están a usar as solucións Xarvio Scouting, Field Manager e Healthy Fields. Na actualidade 80.000 agricultores de 16 países diferentes (por unha superficie total de máis de 11 millóns de hectáreas) confían en Xarvio Field Manager, mentres que a aplicación Xarvio Scouting foi descargada máis de 6 millóns de veces. Para máis informacións, visite xarvio.com ou calquera das súas redes sociais.
A agricultura é fundamental para proporcionar alimentos saudables e alcanzables a unha poboación mundial en constante e rápido crecemento. Ao mesmo tempo, está a reducir o seu impacto sobre o medioambiente. Colaborando con partners e agricultores expertos e integrando os criterios de sustentabilidade na toma de todas as decisións sobre o negocio, as Solucións Agrícolas de Basf axudan aos agricultores para que poidan contribuír a unha agricultura sustentable. Por esta razón BASF inviste fortemente en I+D e en novos produtos, así como en ideas innovadoras que se transforman en accións concretas no campo.
A carteira de BASF inclúe sementes e características xenéticas especificamente seleccionadas, produtos para a protección de cultivos de orixe química e biolóxica, solucións para a xestión do solo, a sanidade vexetal, o control de pragas e solucións dixitais para a agricultura. Grazas a equipos altamente profesionais traballando en laboratorio, no campo, nas oficinas e na produción, BASF traballa para atopar o equilibrio adecuado entre os agricultores, a agricultura e os intereses das xeracións futuras.
En 2021 a División de Solucións Agrícolas de BASF xerou un volume de negocio de 8.200 millóns de euros. Pode atopar máis información na web www.agriculture.basf.com ou a través das redes sociais de BASF