A enfermidade chegou a Europa por Francia en 1949 e a súa fitoplasma afecta a oito dos principais países produtores de uva da UENo caso da Flavescencia dourada, está causada por un fitoplasma (bacteria de parede celular) e é un parasito obrigado que vive en insectos e plantas. O axente bacteriano foi nomeado recentemente Candidatus Phytoplasma vitis, e o seu vector é o cicadelido da subfamilia Deltoceplhalinae, Scaphoideus titanus. A infección pode matar as vides novas e reducir en gran medida a produtividade das vides vellas. O seu vector insecto, S. titanus, é nativo do leste dos Estados Unidos e Canadá, e crese que foi introducido en Europa durante a II Guerra Mundial ou antes, con portainxertos estadounidenses traídos para combater a filoxera. Actualmente é unha enfermidade ben coñecida en Europa, porque leva aquí desde 1949 que apareceu na rexión de Armgnac (Francia). Cabe puntualizar que o seu fitoplasma ocorre unicamente en Europa, en oito dos principais Estados membros da UE produtores de uva (Austria, Croacia, Francia, Hungría, Italia, Portugal, Eslovenia e España), así como en Suíza e Serbia. Transmisión da Flavescencia As especies alternativas de vectores en Europa son polífagos, pero ocasionalmente poden aparecer outros na vide (Orientus ishidae, Dictyophara europaea ou Phlogotettix cyclops). "Todos son vectores alternativos que manteñen infeccións primarias desde hospedeiros alternativos ata a vide. Tamén manteñen a enfermidade en espazos naturais", aclarou Fereres e engadiu que hai numerosas plantas hóspede de FD como especies de Vitis ou Clematis vitalba, Alnus incana etc. O Scaphoideus pon os ovos en agosto-setembro, na cortiza, e logo entran en diapausa ata abril, dando lugar a 5 estados ninfais (dura unhas 5-7 semanas o estado ninfal en España). Os adultos aparecen nos meses de xullo e agosto e a súa lonxevidade é aproximadamente de 1 mes, aínda que en Italia obsérvanse adultos ata outubro.
En Italia demostrouse que a variedade Moscato é tolerante á FD e induce unha alta mortalidade de S. titanusO profesor destacou a termoterapia, como un tratamento eficaz. Trátanse con auga quente (45 minutos a 50ºC) aos patróns en estado de repouso e esquexes inxertados. "É eficaz para eliminar tanto o fitoplasma como os ovos do vector". Tamén recalcou a importancia das plantas certificadas de variedades e patróns de vide, que poden evitar a Flavescencia dourada. En canto ás variedades tolerantes a FD expón os resultados dun estudo que realizou no CSIC un investigador da Universidade de Turín (Italia). No mesmo indícase que ningún dos xenotipos explorados é inmune á Flavescencia dourada da vide, pero atopáronse algúns xenotipos pouco susceptibles dispoñibles para identificar trazos xenéticos involucrados na tolerancia/resistencia á FD. Avaliáronse as variedades Barbera, Barchetto e Moscato mediante a técnica Electrical Penetration Graph e os resultados afirmaron que a variedade Moscato, ademais de ser tolerante a FD, induciu unha alta mortalidade de S. titanus. Outras ameazas Entre outras ameazas que sofre a agricultura atópase a Xylella fastidiosa. Trátase dunha enfermidade coñecida que pode ocasionar perdas en cultivos como a vide e cítricos. Infecta a máis de 600 especies de plantas. En Europa é coñecida desde 2013, cando se identificou en Italia.
Trala vendima, naquelas viñas moi afectadas por mildio e onde siga o avance da enfermidade, recomendan aplicar un tratamento cúpricoDespois da vendima, e en especial naquelas viñas onde quede un elevado nivel de inóculo por ter sufrido este ano un ataque forte na floración, continuará o avance da enfermidade na vexetación, sempre que haxa condicións climatolóxicas favorables. Nestes casos, antes da caída da folla será conveniente un tratamento cúprico para garantir o bo agostado da madeira e limitar a incidencia da enfermidade na seguinte campaña. En canto á avelaíña da uva, non se detectaron máis danos nos acios nas viñas da rede de seguimento, pero a situación pode ser diferente noutras viñas, polo que a EFA recomenda manter a vixilancia ata a vendima debido á influencia que poden ter as perforacións das eirugas sobre as podres. En principio, estímase que non será preciso dar tratamento algún pola relativa proximidade da vendima, pero se nas revisións se atopan danos por riba do 3-5% de acios afectados nas variedades máis sensibles ou de 5-8% nas restantes, será conveniente realizalo elixindo insecticidas con prazo de seguridade curto, que en todo caso debe ser respectado. Por último, no caso dos cicadelidos, Areeiro advirte que seguen a ser recollidos nas trampas o Scaphoideus titanus, e lembra que controlalo é unha das poucas formas existentes para conter a grave enfermidade de corentena que transmite: a flavescencia dourada. No que se refire ás capturas de mosquito verde nas trampas instaladas nas viñas da rede de seguimento, estas foron baixas.
A zona demarcada onde se adoptan medidas en Galicia esténdese a Arbo, O Rosal e a parcelas da Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tui e TomiñoAsí, recordouse que dentro da zona demarcada os titulares das parcelas nas que se detecte a presenza de plantas infestadas ou insectos vectores das enfermidades deberán aplicar o antes posible un tratamento insecticida autorizado a todas as plantas. As plantas infestadas deberán ser arrincadas e destruídas baixo control oficial o antes posible. O máis recomendable é que esta destrución se realice in situ. Se non é posible, deberá realizarse nun rodal próximo, por incineración ou por algún outro método autorizado.
As plantas infestadas deberán ser arrincadas e destruídas, unha medida que deberá estenderse á totalidade da parcela cando teña máis dun 20% de prantas sintomáticasAdemais, no caso de que a parcela afectada teña máis dun 20% de plantas sintomáticas, deberán arrincarse e destruírse todas as plantas da parcela no caso de que as plantas afectadas non estean agrupadas. Acontece o mesmo no caso de zonas abandonadas. Medidas nos viveiros No relativo aos viveiros e outros operadores profesionais dentro das zonas infestadas, terán que inmobilizar de xeito cautelar o material de vide (Vitis spp.) ata a súa inspección oficial. A maiores, deberán aplicar un tratamento insecticida autorizado e destruír todos os lotes infectados seguindo un procedemento específico. No caso de ter plantas ou lotes sospeitosos de portar a enfermidade pero que non detecten síntomas tamén deberán ser eliminadas. Así mesmo, tamén cómpre arrincar e destruír todas as plantacións abandonadas das zonas demarcadas, así como eliminar as plantas silvestres do xénero Vitis spp. e aquelas que poidan ser portadoras da enfermidade, entre outras medidas preventivas.
A praga denominada Flavescencia Dourada da vide é provocada polo organismo denominado Grapevine flavescence dorée phytoplasma e transmitido por un insecto vector (Scaphoideus titanus). Antes de Galicia, xa fora detectada en Portugal, especialmente en zonas próximas á fronteira coa comunidade. Dada a situación, Portugal declarou unha zona demarcada de Flavescencia Dourada lindeira con varios concellos fronteirizos de Galicia, polo que foi establecida unha zona tampón de 2,5 km coa fronteira.
A día de hoxe os datos de seguimento deste organismo mostraron a súa presenza en plantas illadas situadas nos concellos de Arbo, Crecente e As Neves, na provincia de Pontevedra, e no concello de Padrenda, en Ourense. Todos eles forman parte da zona demarcada de Flavescencia Dourada de 2,5 km respecto á fronteira con Portugal. Con todo, a zona demarcada fixada pola resolución que se publica hoxe -que inclúe a zona infestada e a zona tampón de 2 km- esténdese tamén a parcelas da Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tui e Tomiño.
Así, dentro da zona demarcada os titulares das parcelas nas que se detecte a presenza de plantas infestadas ou insectos vectores das enfermidades deberán aplicar o antes posible un tratamento insecticida autorizado a todas as plantas. As plantas infestadas deberán ser arrincadas e destruídas baixo control oficial o antes posible. O máis recomendable é que esta destrución se realice in situ. Se non é posible, deberá realizarse nun rodal próximo, por incineración ou por algún outro método autorizado.
Ademais, no caso de que a parcela afectada teña máis dun 20% de plantas sintomáticas, deberán arrincarse e destruírse todas as plantas da parcela no caso de que as plantas afectadas non estean agrupadas. Acontece o mesmo no caso de zonas abandonadas.
No relativo aos viveiros e outros operadores profesionais dentro das zonas infestadas, terán que inmobilizar de xeito cautelar o material de vide (Vitis spp.) ata a súa inspección oficial. A maiores, deberán aplicar un tratamento insecticida autorizado e destruír todos os lotes infectados seguindo un procedemento específico. No caso de ter plantas ou lotes sospeitosos de portar a enfermidade pero que non detecten síntomas tamén deberán ser eliminadas.
Así mesmo, tamén cómpre arrincar e destruír todas as plantacións abandonadas das zonas demarcadas, así como eliminar as plantas silvestres do xénero Vitis spp. e aquelas que poidan ser portadoras da enfermidade, entre outras medidas preventivas.
Parcelas infestadas con Grapevine flavescence dorée phytoplasma:
Provincia |
Concello <amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive"
type="adspeed"
data-zone="85896"
data-client="18217">
<div placeholder>Loading ad.</div>
<div fallback>Ad could not be loaded.</div>
</amp-ad>
|
Parroquia |
Referencia Sixpac |
Pontevedra |
Crecente |
Albeos (San Xoán) |
36:14:0:0:10:120 |
Pontevedra |
Arbo |
Mourentán (San Cristovo) |
36:1:0:0:35:9 |
Pontevedra |
As Neves |
Setados (Santa Euxenia) |
36:34:0:0:49:120 |
Pontevedra |
Crecente |
Ribeira (Santa Mariña) |
36:14:0:0:49:557 |
Pontevedra |
Crecente |
Quintela (San Caetano) |
36:14:0:0:16:1133 36:14:0:0:16:345 |
Ourense |
Padrenda |
Desteriz (San Miguel) |
32:57:0:0:6:64 |
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230202/AnuncioG0426-240123-0005_gl.html