Estabilidade nas cotizacións do gando en Amio

As mesas de prezos do mercado repiten valores en todas as categorías e calidades

As cotizacións mantéñense en Amio sen a penas cambios por segunda semana consecutiva. Se a pasada semana só se rexistrou un leve axuste á baixa na categoría P de vacún maior, esta semana todas as categorías e calidades de gando repiten valores en Amio, sen modificacións.

Na IXP Ternera Gallega, o maior consumo de carne durante o verán levara a unha progresiva recuperación das cotizacións nos últimos meses, se ben ese repunte de prezos parece ter chegado o seu tope e a demanda xa non é a que era, polo que se está a optar por repetir cotizacións. Na Mesa de Prezos de Abasto, tamén se manteñen prezos sen cambios para gando de recría, abasto e vacún maior.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 2.086 reses, 118 menos que a pasada semana. Houbo 1.512 cabezas de vacún menor, 265 de vacún mediano e 274 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (21-9-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información