Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio se matienen igual á sesión anterior.
En canto á asistencia de gando, na sesión de hoxe pasaron polo recinto 1.680 reses, 389 máis que á do 17 de abril. En detalle, asistiron 1.459 cabezas de vacún menor (399 máis que na sesión anterior); 60 de vacún mediano (-10) e 161 de vacún grande (igual que o pasado mércores).
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron subir 0,02 euros os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (24-IV-2024)