Esta semana vindeira ingresaranse as axudas agroambientais e de agricultura ecolóxica da PAC 2020

Esta semana vindeira ingresaranse as axudas agroambientais e de agricultura ecolóxica da PAC 2020

Un total de 3.765 persoas beneficiáronse en Galicia das axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica correspondentes á campaña de 2020 da Política Agrícola Común (PAC), que suman 13,7 millóns de euros.

Neste sentido, o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, vén de realizar as correspondentes transferencias para que os gandeiros e agricultores poidan recibir os pagos ao longo da semana que vén, segundo informa o departamento que dirixe José González.

Destes 13,7 millóns de euros, algo máis de 11,8 millóns correspóndense ás axudas de agroambiente e clima, que benefician a 3.545 agricultores e gandeiros. En canto ás axudas de agricultura ecolóxica, o importe ascende a máis de 1,8 millóns de euros para beneficiar a 220 produtores.

A convocatoria destas subvencións publicárase no mes de febreiro de 2020 a través dunha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se regulaba a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información