Encontro virtual de mocidade do agro

Agaca organiza unha xuntanza online para xente nova do sector agroalimentario galego. Abordarán temas como a PAC, os fondos Next Generation ou o programa Erasmus agrario

Encontro virtual de mocidade do agro

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) convoca para o mércores 21 de abril un encontro online dirixido a persoas mozas que desenvolvan a súa actividade profesional no sector agroalimentario ou busquen traballar nesa área.

O encontro celebrarase de modo telemático e terá formato participativo (a través de Zoom), co obxectivo de dar visibilidade a diferentes debates e propostas, a nivel nacional e internacional. “Abordaranse iniciativas dirixidas a apoiar a persoas mozas do medio rural, así como a presentar o cooperativismo como opción viable para satisfacer expectativas laborais e de calidade de vida”, detallan dende Agaca.

Entre os temas que se tratarán atópanse a dixitalización das ganderías, explicacións e resolución de dúbidas acerca da reforma da Política Agraria Común (PAC) e subvencións e fondos europeos que poden ser beneficiosos para persoas mozas e emprendedoras.

Para participar no encontro, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo, é imprescindible inscribirse en a través deste enlace, en www.agaca.coop ou no teléfono 981 58 47 83.

A continuación detallamos o programa da xornada:

10:00 horas – Recepción e entrega de documentación.

10:15 horas – Reforma da Política Agraria Común (PAC) e adaptacións necesarias para afrontar os retos futuros.

11:15 horas – Fondos Next Generation. Que son e como poden beneficiar aos emprendedores e mocidade do rural galego.

12:15 horas – Proxecto Erasmus+ Agrario, organización das cooperativas e participación.

12: 45 horas– Participación de Galicia na Comisión Estatal de Mocidade Cooperativa (Cooperativas Agroalimentarias de España)

13:00 horas –Peche do encontro.

cartel-encontro-online-mocidade-agro-_Agaca-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información