Ence pecha o primeiro trimestre do ano cun beneficio neto de 30,4 millóns de euros

Ence pecha o primeiro trimestre do ano cun beneficio neto de 30,4 millóns de euros

Xunta xeral de accionistas.

A pasteira Ence vén de celebrar a súa xunta xeral de accionistas, na que comunicou as súas últimas cifras económicas e explicou os seus proxectos -xa coñecidos- tanto no campo da celulosa como no da enerxía, no que se foi adentrando de xeito progresivo nos últimos anos.

Entre as cifras económicas, destaca o anuncio de que a empresa pechou o primeiro trimestre con 30,4 millóns de euros de beneficios, a pesar dunha baixada de cotizacións e demanda no mercado da pasta de celulosa. Esa cifra de beneficios máis que duplica os 13 millóns de euros de beneficios do primeiro trimestre do ano pasado.

Os resultados da compañía tiveron este forte crecemento, impulsados por un prezo da celulosa aínda preto de máximos, pola normalización da produción na biofábrica de Pontevedra, pola mellora do prezo regulado da enerxía e pola formalización da venda dunha primeira planta fotovoltaica en construción, en Jaén, que supuxeron un resultado operativo adicional de 23 millóns de euros.

Na produción de celulosa, a empresa subliña que o prezo medio de venda no período foi un 17% superior ao do mesmo período de 2022, o que permitiu compensar a inflación acumulada no custo das materias primas.

Balance 2022
A xunta xeral de accionistas tamén aprobou os resultados do 2022, no que se acadou un beneficio de 247 millóns de euros. En canto a proxectos, en enerxía renovable, a compañía proxecta 20 plantas de biometano distribuídas por toda España. A empresa está tamén traballando en proxectos de enerxía solar e de biomasa.

O prezo do eucalipto baixa pola caída do mercado de pasta de papel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información