Cursos en Barbadás e en Monforte de Lemos para obter o carnet de fitosanitarios básico e cualificado

Cursos en Barbadás e en Monforte de Lemos para obter o carnet de fitosanitarios básico e cualificado

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza dende a semana vindeira na localidade ourensá de Barbadás e na vila lucense de Monforte de Lemos senllos cursos sobre o nivel cualificado da aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios.

No caso do de Barbadás, terá unha duración de 37 horas ao longo de oito días e está previsto dende o mércores 29 de setembro ao xoves 14 de outubro no Centro Empresarial Transfronteirizo e impartirase en horario de tarde, das 16,00 ás 20,30 horas.

A iniciativa, que será impartida polo Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense, está dirixida a usuarios profesionais de fitosanitarios que teñen o carné de nivel básico necesario para exercer esta actividade en Galicia e no resto de España e que queren ampliar coñecementos. Tamén ás persoas con responsabilidades na aplicación e na comercialización deste tipo de produtos, capacitándoas para proporcionar a información axeitada sobre o seu uso, os seus riscos para a saúde e o medio ambiente e as instrucións para mitigar ditos riscos.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de solicitude de asistentes dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021. Os formularios deberán ser enviados ao correo electrónico gustavo.adolfo.rodriguez.varela@xunta.gal. Para máis información poden dirixirse ao teléfono 988386557.

Cursos en Monforte de Lemos

En Monforte impartiranse tres cursos: Dous deles permitirán aos participantes obter o carné de aplicador de nivel básico necesario para exercer esta actividade en Galicia e no resto de España, mentres o terceiro é de nivel cualificado. Precisamente o máis avanzado será o primeiro en realizarse. Programado entre o sábado 2 de outubro e o martes 2 de novembro, esta acción desenvolverase na sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra cun total de 62 horas lectivas distribuídas en 11 xornadas. A iniciativa, que será impartida polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal, está dirixida a usuarios profesionais de fitosanitarios que teñen o carné de nivel básico necesario para exercer esta actividade en Galicia e no resto de España e que queren ampliar coñecementos. Tamén ás persoas con responsabilidades na aplicación e na comercialización deste tipo de produtos, capacitándoas para proporcionar a información axeitada sobre o seu uso, os seus riscos para a saúde e o medio ambiente e as instrucións para mitigar ditos riscos.

Canto aos cursos de nivel básico, ambos están previstos dende o luns 4 de outubro cun total de 27 horas lectivas. Un deles, que se impartirá no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte deica o xoves 21 dese mes será en modalidade semipresencial. O outro, que terá lugar ata o mércores 13 de outubro, farase na sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra ao longo de seis días.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de solicitude de asistentes dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021. No caso do curso impartido no CFEA, os formularios deberán ser enviados ao correo electrónico maria.lourdes.diaz.fernandez@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 982 889 103 para máis información. Canto ás accións que se desenvolverán na sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra, as solicitudes deben remitirse cubertas ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881997279 para máis información.

Cabe lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información