Curso de introdución á poda de exemplares xuvenís de castiñeiro en Lugo

O taller, comeza o vindeiro venres 21 de outubro. Terá unha duración de 4 horas e impartirase en horario de tarde

Curso de introdución á poda de exemplares xuvenís de castiñeiro en Lugo

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza un curso en Lugo de introdución á poda de exemplares xuvenís de castiñeiro. O taller celebrarase o vindeiro venres 21 de outubro e terá unha duración de 4 horas. A formación impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas no polígono industrial das Gándaras (Lugo).

O obxectivo desta formación é dotar aos alumnos dos coñecementos técnicos e prácticos para realizar unha poda adecuada de exemplares xuvenís de castiñeiro co fin de obter árbores rectas con destino a madeira de calidade. Así, o programa inclúe nocións tanto das técnicas e ferramentas a empregar neste tipo de exemplares como dos distintos tipos de poda dos mesmos.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

As persoas interesadas en asistir poderán formalizar a inscrición localizando o curso no catálogo de accións formativas para este ano 2022 da Consellería do Medio Rural. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 620 ou enviarse un correo a distrito.forestal9@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información