Curso de fruticultura ecolóxica en Boqueixón

Publicidade

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar no Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude, en Boqueixón, un curso de fruticultura ecolóxica. A formación impartirase ao longo de tres días en horario de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas a partir do vindeiro sábado 29 de outubro.

Durante o curso abordarante tanto conceptos básicos e principios que rexen a fruticultura como as técnicas que se empregan neste eido mediante clases prácticas e teóricas. Así, o fin último é fomentar a produción ecolóxica en bases ás necesidades dun mercado de proximidade que está crecendo en toda Galicia e, especialmente, na comarca de Santiago.

Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A inscrición pode facerse online na seguinte ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 867 331, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información