Crean a Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño

A iniciativa presentarase este xoves 29 en Rábade. O seu obxectivo é servir de espazo de encontro e formación sobre producións sostibles e respectuosas co medioo. O obxectivo des

Publicidade
Crean a Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño

A creación e conservación de charcas é unha das iniciativas impulsadas pola Asociación de Custodia do Territorio con gandeiros da zona para mellorar a biodiversidade.

Data inicio: 29/12/2022
Data fin: 29/12/2022
Lugar: Casa das Insuas, Calle José Pardo, Rábade, España

Gandeiros e agricultores da reserva da biosfera Terras do Miño e a Asociación Galega de Custodia do Territorio acaban de botar a andar a Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Esta rede nace co obxectivo de compartir espazos de encontro e formación, desenvolver proxectos comúns e dar a coñecer xeitos sostibles de produción.

A Rede de Custodia Agraria da reserva da biosfera Terras do Miño presentarase este xoves, día 29, en Rábade (Lugo), no Centro de Conservación e Estudo da Natureza, Casa das Insuas, ás 19:30 horas. No acto participarán membros da Asociación Galega de Custodia do Territorio e gandeiros e agricultores que forman parte da iniciativa. Ademais, realizarase unha degustación de produtos artesáns e ecolóxicos.

Anos de colaboración para a conservación dos hábitat

Esta rede xurde logo de anos de colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) con agricultores e gandeiros na conservación dos valores naturais e na mellora ambiental das súas fincas. “Traballamos convencidos de que a necesaria produción agraria pode e debe ser compatible co mantemento dunha paisaxe bioloxicamente diversa e respectuosa cos seus valores patrimoniais e escénicos”, apuntan os impulsores da rede.

No marco destas colaboracións fixeron actuacións para contribuir á conservación de hábitats e poboacións de diferentes especies, algunhas delas de especies ameazadas.

Agora, co apoio da Deputación de Lugo, e xunto con produtores e produtoras cos que viñan colaborando e outros novos que tamén apostan polo respecto e o coidado do territorio, impulsan esta rede.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información