A cooperativa CLUN advirte que a situación derivada do paro de transportes “é sumamente crítica”

“Están a incumprirse acordos alcanzados para garantir un acceso mínimo aos subministros… este tipo de imprudencias excede os límites e poñen en risco a saúde dos animais e a economía das familias gandeiras”, asegura Juan Gallastegui, director xeral de CLUN

A cooperativa CLUN advirte que a situación derivada do paro de transportes “é sumamente crítica”

A cooperativa CLUN advirte que a situación derivada do paro de transportes é xa, nestes momentos, sumamente crítica. A pesar de que están a facer todos os esforzos posibles para continuar coa subministración de insumos que garanta o benestar animal nas ganderías, así como para seguir coa actividade transformadora e distribuidora, o sector atópase ao límite da súa capacidade de resposta.

“Con moitísimo esforzo, en CLUN continuamos recollendo o leite nas producións gandeiras, pero a situación é complexa porque temos outras frontes abertas que atender”, sinala Juan Gallastegui, director xeral de CLUN. “Debemos prover de alimentos aos animais, e agora mesmo estannos impedindo recoller a materia prima”, observa. “Están a incumprirse acordos alcanzados para garantir un acceso mínimo aos subministros… con este tipo de imprudencias excédense os límites e ponse en risco a saúde dos animais e a economía das familias gandeiras”, engade Gallastegui.

A cooperativa fai un chamamento á responsabilidade e insta a que se respecten os pactos das negociacións. “O contexto económico actual dos últimos tempos é complicado. Todos os sectores soportamos presións e entendemos que existen reivindicacións, o cal é lexítimo, pero non á conta da saúde dos nosos animais e á conta de poñer en risco a provisión de alimentos de primeira necesidade para a poboación, como son o leite e os produtos lácteos”, explica Gallastegui.

“Se os acordos de servizos mínimos alcanzados cos transportistas quedan en papel mollado, faise necesaria a intervención das forzas de seguridade para garantir os nosos dereitos”, anticipa Gallastegui. “Baixo ningún concepto imos permitir que se deixe morrer ao gando. Recolleremos a materia prima nos portos, con ou sen a colaboración dos folguistas, con ou sen a axuda das administracións”, conclúe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información