Gandeiros de Mallorca visitan CLUN para coñecer o modelo de cooperativismo galego

Os visitantes amosáronse sorprendidos pola profesionalización e mellora tecnolóxica do sector. Percorreron tamén a explotación láctea de Sat Cives, situada en Mazaricos, o concello que produce máis leite de toda España

Gandeiros de Mallorca visitan CLUN para coñecer o modelo de cooperativismo galego

Foto: CLUN

CLUN (Cooperativa Rural Galega), con sede no concello coruñés de Ames, recibiu a visita da Cooperativa Pagesa de Pollença -Mallorca- da man de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias). Un grupo de agricultores e gandeiros mallorquinos tiveron estes días a oportunidade de coñecer o funcionamento do modelo galego e como a nosa comunidade está a afrontar as diferentes problemáticas que afectan ao sector.

A visita estivo coordinada por Rafael García, enxeñeiro agrónomo e reponsable de compras de leite de Clun, e por Graciela Castro, do departamento de marketing. Ademais de percorrer as instalacións de Clun e Feiraco, visitaron unha das explotacións lácteas da cooperativa, Sat Cives, situada no concello coruñés de Mazaricos, o municipio que produce máis leite de toda España.

A delegación mallorquina coñeceu como funcionan os cultivos nas nosas explotacións, como é proceso de ordeño nunha granxa de gran tamaño, os sistemas de manexo… e, en definitiva, como se logra a subsistencia dunha gandería. O xerente da Cooperativa Pagesa de Pollença, Francisco Úbeda, explica que “desde hace 30 años viajamos para conocer otros modelos de cooperativismo y en esta ocasión hemos elegido Galicia porque tenemos varios problemas en común. En Mallorca el sector está en declive, las granjas están desapareciendo por falta de relevo generacional, quedan muy pocas en funcionamiento. Estamos preocupados por la falta de profesionales y hemos visto que en Galicia, aunque comparte con nosotros la falta de mano de obra, hemos percibido que el sector está muy profesionalizado y, además, hay mucha inversión en tecnología, tanto en las granjas como en la industria láctea. Ya habíamos estado en Galicia hace 12 años y ahora hemos apreciado una evolución importante”.

Úbeda pon de relevo así mesmo que “en Mallorca tenemos un problema parecido al de Galicia con el minifundio, todo está muy parcelado. Pero, a mayores, nosotros, con el boom del turismo, estamos viendo cómo las viviendas están comiendo terreno al territorio. Y el cambio climático nos está afectando mucho más, nos vemos obligados a ir cambiando tanto el tipo de cultivo como el manejo”.

“Estamos convencidos de que donde hay una cooperativa se mantiene la actividad en la zona porque la iniciativa privada si no ve rendimiento se va. Y Clun está en la industria pero también en la granja, apoyando a los ganaderos. Para nosostros esta visita ha sido cien por cien positiva” -manifesta o xerente mallorquino-.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información