Convocadas en Galicia as axudas para as ganderías de ovino e caprino afectadas polo coronavirus

Poderán optar ós apoios tódalas granxas que teñan un mínimo de 10 femias reprodutoras. A axuda máxima será de 12 euros por ovella ou cabra adulta

Publicidade
Convocadas en Galicia as axudas para as ganderías de ovino e caprino afectadas polo coronavirus

Gandería de ovellas en Galicia. / Arquivo.

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200817/AnuncioG0426-070820-0004_gl.html

Prazo: Ata 31/08/2020

Resumo:

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para paliar o impacto da crise do coronavirus nas ganderías de ovino e caprino. A liña está dotada cun importe de 62.900 euros, con cargo ós presupostos do Ministerio de Agricultura.

Medio Rural adaptou a liña de axudas á realidade galega, para o que reduciu a 10 o número mínimo de femias reprodutoras que deben ter as explotacións. Concederase un máximo de 12 euros por animal adulto na granxa, cun límite de 100 animais subvencionables.

As axudas adxudicaranse por concurrencia competitiva, contando os agricultores mozos cunha puntuación extra de 10 puntos e as explotacións prioritarias con 5 puntos. Poderán beneficiarse das achegas só explotacións de ovino ou cabrún que este ano presentasen a solicitude única da PAC e que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Gandeiras coa calificación correspondente ás ganderías de ovino e cabrún.

Co fin de reducir os trámites, as axudas concederánselle de oficio a tódolos produtores que presentasen a solicitude única da PAC, que sexan perceptores do pago específico de ovino e cabrún, e que cumpran os requisitos, pero os solicitantes deberán presentar nun prazo de 10 días hábiles unha declaración responsable sobre se teñen concedidas axudas en réxime de minimis neste ano e nos dous anteriores, segundo o modelo que figura no anexo da convocatoria.

O envío desa declaración responsable farase ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e deberá efectuarse obrigatoriamente por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información