Últimos días de inscrición na viaxe a Francia para coñecer o seu sector ovino

O percorrido ten programadas unha serie de visitas a gandarías da rexión de Limusin para coñecer diferentes razas ovinas e sistemas de manexo para as mesmas.

Últimos días de inscrición na viaxe a Francia para coñecer o seu sector ovino

Beealia e Ganadería La Cabreta, do concello de Lugo, organizan unha viaxe técnica a Francia enre o 4 e o 8 de setembro, o obxectivo é coñecer o funcionamento do sector ovino francés. Parte do custo da viaxe será financiado pola Consellería do Medio Rural. 

O percorrido ten programadas unha serie de visitas a gandarías da rexión de Limusin para coñecer diferentes razas ovinas e sistemas de manexo para as mesmas. Asistirán de maneira gratuíta ao mercado de sementais de Bellac, unha oportunidade única para mercar machos de razas selectas como a Charollais, Texel, Suffolk ou Charmoise. Todas elas ideais para a monta deste outono. A idea é organizar un transporte a Galicia dos machos mercados.

Tamén se poderá asistir de maneira gratuita ao Salon Tech-Ovin que está considerado como un dos mellores espazos de Europa especializados exclusivamente no sector ovino. As visitas irán acompañadas de experiencias e co goce da gastronomía local. Para todo isto contarase cun equipo de traducción simultánea durante toda a viaxe.

Enlace á inscrición e ao programa

viaxe francia beealia ovino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información