Convocadas axudas para proxectos de cooperación entre Grupos Leader

Convocadas axudas para proxectos de cooperación entre Grupos Leader

Imaxe dunha videoconferencia entre a directora de Agader, Inés Santé, e os 24 grupos Leader de Galicia. / Arquivo.

A Consellería do Medio Rural vén de publicar a convocatoria 2022 para proxectos de cooperación entre os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que xestionan de xeito comarcalizado as axudas Leader en Galicia. Estas axudas para proxectos de cooperación contan cun presuposto de 922.000 euros e financian tanto proxectos de cooperación entre Grupos Leader de Galicia, como proxectos de grupos galegos con outros do resto do Estado ou estranxeiros.

Na convocatoria do pasado ano participaron un total de 20 GDR galegos en proxectos de cooperación, o que supón máis do 80% dos grupos de desenvolvemento rural da comunidade. Os proxectos apoiados no 2021 abarcan diversas temáticas, como a posta en valor dos produtos gastronómicos de zonas rurais, a promoción de circuitos curtos de alimentación, o impulso á viticultura nas Indicacións Xeográficas Protexidas de viño ou a valorización da cultura vinculada ó monte, entre outras cuestións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información