Consumo de viño: persoas adultas, homes e durante a semana

Segundo se desprende da análise realizada polo Observatorio Español do Mercado do Viño a partir da Enquisa Nacional de Saúde 2011-2012.

Publicidade

O viño é a segunda bebida alcohólica máis consumida en España, maioritariamente por persoas adultas homes, con moi pouca xente nova que o consuma, cun consumo homoxéneo ao longo da semana e cun escasísimo consumo excesivo do que se realiza sobre todo a fin de semana.

Estas son as principais conclusións da análise realizada polo Observatorio Español do Mercado do Viño a partir da Enquisa Nacional de Saúde 2011-2012.

Indo aos datos concretos, dos 38,7 millóns de españois maiores de 15 anos o 30,5% declaran consumidor cervexa con alcohol e o 23,7% declaran consumir algo de viño.

En canto ao sexo, deses 9 millóns de consumidores de viño, o 37,2% son mulleres e 63% restante homes, unha porcentaxe de consumidoras que é maior que na cervexa ou nos combinados.

Fonte: OEMV

Fonte: OEMV

En canto á franxa de idade, apenas un 10,2% dos consumidores de vio teñen menos de 35 anos. O groso do consumo concéntrase na franxa de idade de 35 a 64 anos, co 59% dos consumidores e séguelle a poboación maior de 65 anos que representa o 31% dos consumidores de viño.

consumo_vinho_idades_01

Fonte: OEMV

 

En canto ao tipo de consumo, o 43,4% dos consumidores de viño declaran bebelo só a fin de semana, fronte ao 92% dos consumidores de combinados ou ao 58% dos de cervexa. Xa que logo, confírmase como unha bebida de consumo semanal.

Podes descargar aquí o estudo completo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información