Claves para o tratamento das principais pragas do viñedo

A enxeñeira agrónoma Nuria de Prado Ordás, da Estación de Avisos Agrícolas do Bierzo, ofrece algunhas recomendacións para detectar e atallar afeccións como o Mildio, Oído, Botrite ou a Couza do acio

Publicidade
Claves para o tratamento das principais pragas do viñedo

Viñas afectadas por Mildiu // Foto de arquivo.

Boa parte das pragas que afectan ó viñedo hoxe en día levan sendo unha ameaza desde hai anos, nalgúns casos como o Oídio, unha enfermidade orixinaria de América do Norte, xa se detectou en Europa en 1845. Pero, a evolución das pragas ao longo dos anos é constante e tamén se vai modificando o seu tratamento.

Os novos coñecementos que se van tendo delas, a introdución de novas especies nos ecosistemas, o cambio de variedades, as novas técnicas de control que alteran os ecosistemas ou o cambio climático son algúns dos factores que sinalou como determinantes para a evolución do tratamento das pragas do viñedo a enxeñeira agrónoma Nuria de Prado Ordás, da Estación de Avisos Agrícolas do Bierzo, durante a súa participación na xornada de Asesoramento en Xestión Integrada de pragas organizada desde o Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense.“A investigación en limiares de tratamento e métodos de control debe ir aparellada coa devandita evolución”, reivindica a especialista.

“A investigación en limiares de tratamento e métodos de control debe ir aparellada coa devandita evolución”

Mildio, Oídio, Botrite ou a Couza do acio foron algunhas das patoloxías nas que se centrou De Prado e sobre as que achegou información en canto á loita integral que se está realizando desde o centro especializado de León. A especialista incide na importancia da detección das pragas e a necesidade de axustar o tratamento á fase na que se atope, para lograr unha maior efectividade.

Detectar o Mildio

Á hora de detectar os ataques do Mildio poden constatarse infeccións primarias ou secundarias en base ás condicións meteorolóxicas e o estado da viña. As infeccións primarias adoitan aparecer con temperatursa ao redor dos 11 graos e unhas condicións de humidade de 11 litros por metro cadrado. É habitual que se localicen nos brotes de 11 centímetros e nas zonas máis escuras da viña. É necesario que a viña teña brotes de polo menos 11 centímetros, e que haxa escuridade: as infeccións primarias só se producen pola noite. Aínda que, como matiza De Prado, estas son indicacións orientativas, xa que as infeccións primarias poden aparecer con temperaturas moito máis baixas, posto que no Bierzo detectaron Mildio mesmo con 4º C e con choivas tamén moi inferiores aos 11 litros por metro cadrado.

Aínda que as infeccións primarias adoitan ser máis frecuentes cando aparecen os botóns florais separados, poden producirse dende que os racimos son visibles ata o envero. Mentres, as infeccións secundarias aparecen ao rexistrarse choiva ou alta humidade por máis de 2 horas e unha temperatura de entre 10 e 30 graos.

Tratamentos contra o Mildio

A prevención é clave para enfrontarse ao Mildio, por iso é recomendable recorrer a funxicidas de contacto antes de que se produza a infección. Unha vez que se produce a penetración do fungo na planta, o micelio do fungo comeza a medrar e a invadir o tecido vexetal. Nesta fase, só é posible deter o crecemento do Mildio con tratamentos curativos, a base de funxicidas sistémicos e penetrantes. Pero hai que ter en conta que estes tratamentos só son eficaces durante os dous primeiros días transcorridos desde que penetra o fungo na planta (momento da infección). Despois xa o micelio está demasiado estendido para que os funxicidas poidan deter o seu crecemento.

Pasados eses dous primeiros días, nos seguintes días de fase de crecemento do fungo dentro do tecido da vide, non é eficaz aplicar tratamentos

Durante a fase de crecemento do fungo dentro do tecido da vide, que pode durar entre 8 e 20 días, non é eficaz aplicar tratamentos. Transcorrida esta fase, cando os síntomas se manifestan e aparecen manchas nas follas, pelusilla no envés das follas, os acios, en flor, ou en acios recentemente callados é momento de aplicar tratamentos antiesporulantes.

No caso do Mildio, a prevención é fundamental. “Débese tratar cando hai condicións de risco, pero en todo caso no Bierzo debemos tratar preventivamente para protexer o acio desde que aparecen os botóns florais separados ata o envero”, detalla a enxeñeira agrónoma.

Principais características dos grupos de produtos para o tratamento do mildiu.

Principais características dos grupos de produtos para o tratamento do mildiu.

En canto aos tratamentos químicos do Mildio, De Prado apunta solucións para un manexo en ecolóxico do viñedo que inclúen desde o aceite de laranxa ao hidróxido cúprico ou o óxido cuproso.

Contro quimico del mildiu

Tratamentos para o control químico do Mildio, en convencional e ecolóxico.//Fonte: Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura.

De Prado lembra que para renovar os tratamentos funxicidas deben darse condicións de infección e o tratamento anterior debe perder a efectividade. Nos tratamentos sistémicos isto ocorre ao cabo de 14 días (aínda que varía segundo o produto), mentres que os funxicidas de contacto persisten 10-12 días se non son lavados por choivas e para iso deben producirse precipitacións de máis de 12-15 litros por metro cadrado. A experta recomenda a instalación dun pluviómetro na parcela para poder coñecer mellor a choiva rexistrada e saber en que momento repetir o tratamento.

O Oídio

A brotación da viña é o período crítico para a aparición de Oídio ( Erysiphe necator), un fungo ectoparásito que xorde cando se rexistran temperaturas de entre 25 e 28 graos combinadas con humidade. “A humidade ambiental inflúe na xerminación das conidias do fungo, pero a auga libre moléstalles. Tamén se desenvolve mellor en zonas sombreadas”, detalla a enxeñeira agrónoma.

O Oídio pode supoñer unha ameaza para o viñedo ata que a uva alcanza os 8 graos brix de madurez. Os primeiros síntomas detéctanse en follas e acios, por iso é fundamental revisar as cepas, en especial as variedades e plantas máis sensibles. Entre as variedades cultivadas no Bierzo, as máis sensibles ao oídio son o Arauxa e a Dona Branca.

“O tratamento máis eficaz para a sanidade da viña en canto a Oídio é unha boa aireación”

“O tratamento máis eficaz para a sanidade da viña en canto a oídio é unha boa aireación. Todo o que facilite a aireación da vexetación e os acios e conseguir que os tratamentos cubran ben os acios é fundamental”, explica De Prado. Por iso, é recomendable evitar o exceso de vigor, podala en verde, así como levar a cabo esfollados e desnetados das cepas. Tamén aconsellan colocar os pámpanos na espaldeira e ter en conta a orientación das plantacións para favorecer a ventilación e aireado das plantas.

En canto aos tratamentos para atallar o oído, é necesario axustar o tratamento ao estado fenolóxico do viñedo. Así, durante a brotación e a floración é recomendable utilizar tratamentos penetrantes ou sistémicos. Mentres que, cando o acio está en gran chícharo e durante o envero será máis adecuado empregar xofre.

Para minimizar a aparición de resistencia aos tratamentos é importante utilizar funxicidas de diferentes familias químicas

Ademais, a especialista incide na importancia de utilizar funxicidas de diferentes familias químicas para minimizar a aparición de resistencias por parte destes patóxenos aos tratamentos. Nestas solucións tamén resulta vital tratar todas as rúas do viñedo para que a aplicación cubra por completo todos os acios.

Tratamentos para o control químico do Oídio.

Tratamentos para o control químico do Oídio. Fonte: Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura.

Nos viñedos en ecolóxicos, a enxeñeira agrónoma apunta ademais tres opcións de tratamentos: utilizar carbonato hidróxeno de potasio (bicarbonato potásico), recorrer á loita biolóxica e empregar o fungo Ampelomyces quisqualis, parasito do oídio; ou aplicar xofre. Neste último caso, é moi importante que a temperatura media á hora de aplicar o tratamento se atope entre os 18 e os 30 graos, xa que con temperaturas máis elevadas co xofre prodúcese fitotoxicidade.

Polilla

Pupa de Couza do acio. //Foto. Estación de Avisos Agrícolas do Bierzo.

Couza do acio

Outra das pragas que afecta ó viñedo é a coñecida como Couza do acio (Lobesia botrana). Esta praga pode tratarse con insecticidas ovicidas ou con larvicidas, dependendo da fase de desenvolvemento desta bolboreta. Hai que ter en conta que cando o insecto se atopa protexido polas propias uvas, o tratamento resultará pouco efectivo.

Unha das alternativas nos tratamentos pasa por empregar difusores de confusión sexual para evitar a reprodución dos exemplares. As trampas de feromonas, que utilizan como reclamo e atrainte para a couza serven para facer un seguimento da praga e coñecer a incidencia que está a ter no viñedo.

Na loita contra a Couza do acio poden empregarse trampas de feromonas así como métodos biolóxicos e introducir un depredador natural

Ao empregar confusión sexual os difusores deben colocarse antes do primeiro voo do insecto. Ademais, deben situarse en superficies amplas para que resulten eficaces e reforzando os bordos do viñedo. Tamén se pode optar por empregar a feromona pulverizada.

Outra das opcións para atallar a polilla é a loita biolóxica e introducir un insecticida natural como é o Bacillus thuringiensis.

Botrite

Entre as principais afeccións do viñedo atópase a Botrite (Botrytis cinera) que aparece cando as temperaturas se sitúan entre os 15 e 20 graos e se producen choivas ou unha humidade relativa do 90%. As feridas nas uvas causadas pola incidencia doutras pragas como o Oídio ou a Couza ou por outras causas como a saraiba son factores de risco para que se produzan danos por Botrite. A infección na primavera adoita aparecer nas follas mentres que, no verán os danos concéntranse no acio.

Do mesmo xeito que co Mildio ou o Oídio, na Botrite o seguimento das condicións climáticas é fundamental e a prevención é determinante para frear o ataque do fungo. Manter a viña aireada, como ocorre co Oído, é unha das medidas máis eficaces para garantir a sanidade do viñedo. Así, De Prado incide na importancia de realizar aireados, esfollados e despuntes que favorecen a aireación. “Debe evitarse o exceso de vigor da planta e se se manteñen as rúas enherbadas, é preciso rozar con frecuencia”, apunta. 

Eliminar outras pragas como o Oídio ou a Couza é unha maneira de reducir a incidencia de Botrite no viñedo xa que poden contribuír á súa aparición

Unha das formas para reducir a incidencia de Botrite é atallar outras pragas que poidan desencadeala, como a Couza ou o Oídio. De Prados tamén recomenda alternar no uso de familias químicas e respectar escrupulosamente o prazo de seguridade da última aplicación. Esfollar o viñedo en espaldeira é unha medida para reducir o risco de Botrite á vez que non se reduce o grao alcohólico en colleita.

Control quimico botritis_Ecologico y convencional

Control químico da Botrite en ecolóxico e convencional. //Fonte: Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura. 

Black Rot

Outra das patoloxías da viña é o Black Rot (Guignardia bidwellii), que aparece tras rexistrarse choivas e temperaturas de ao redor de 27 graos. “A temperaturas inferiores ou superiores precísanse períodos de humidade máis longos para que se produza a aparición de Black Rot”, detalla De Prados. Así, con temperaturas por encima de 32 graos xa non se produce a infección.

Os funxicidas autorizados para tratar o Black Rot son Ametroctradim e metiram, Azoxistrobin, Difenoconazol, Fenbuconazol, Folpet, Kresoxim- metil, Mancoceb, Miclobutanil, Tebuconazol e Tebuconazol con trifloxistrobin.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información