O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) publicou este xoves una circular de coordinación sobre as reducións e penalizacións, en caso de incumprimentos, aos pagos das axudas directas da PAC.
Nesta circular de coordinación, correspondente á campaña 2017, recóllense os elementos claves para que os importes totais dos pagos directos que poidan concederse no estado Español non sobrepasen os límites orzamentarios establecidos na normativa europea e nacional.
En todo caso, as comunidades autónomas adoptarán, para o pagamento destas axudas, as medidas oportunas para a correcta disposición dos fondos comunitarios e asegurar o cumprimento da normativa, tanto comunitaria como nacional, relativa a este ámbito.