Circular do FEGA sobre asignación de dereitos da reserva a novos agricultores

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou unha circular na que explica os criterios para a asignación de dereitos de pago básico da reserva nacional aos novos agricultores (menores de 40 anos) e aos que comecen a súa actividade agrícola para a campaña 2016.

Os agricultores deberán presentar a solicitude de dereitos de pago básico con cargo á reserva nacional no prazo de presentación da solicitude única, segundo este organismo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama).

O documento, acordado coas comunidades autónomas, sinala que a esta convocatoria poderán optar os agricultores que non tivesen acceso á primeira asignación de dereitos de pago básico en 2015 por causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

A circular detalla que a constitución dunha reserva nacional de dereitos de pago básico ten como finalidade facilitar a participación de novos agricultores e dos agricultores que comecen a súa actividade agrícola no réxime de pago básico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información