Calendario de mobilizacións do sector lácteo en Santiago para esta semana

Calendario de mobilizacións do sector lácteo en Santiago para esta semana

Manifestación dos gandeiros

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego fai unha convocatoria aos gandeiros galegos para mobilizarse en Santiago de Compostela dende este luns, 7 setembro, cando comeza en Bruxelas o Consello de Ministros de Agricultura da UE no que se abordará a crise dos prezos do leite, ata o xoves día 10, cando previsiblemente se asinarán en Madrid os acordos entre distribución, industria e produtores para darlle estabilidade ao sector lácteo español.

Os organizadores das mobilizacións prevén levar á capital galega a ata 5.000 tractores en demanda de solucións por parte das Administracións aos baixos prezos que perciben polo leite

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego fixa o seguinte calendario para a tractorada en Santiago de Compostela:

7 de setembro:
11 h.: Chegada de tractores a Salgueiriños.
12 h.: Percorrido cos tractores polas seguintes rúas:
S. Caetano, Avda. Castelao, Vista Alegre, Salvadas, Galeras, S. Lourenzo, Mestre Mateo, Romero Donallo, Rúa do Hórreo, Avda. de Lugo, Rodríguez de Viguri, Camiño Francés, Irmandiños, Salgueiriños.

ITINERARIO_tractorada_STGO_7_STEMBRO

Para os días 8, 9 e 10 a Organización de Productores de Leite (OPL) convocou tamén tractorada, algo do que se desmarcou a maioría da Plataforma do Sector Lácteo Galego. Sen embargo, o calendario de protesta acordado para os días 8,9 e 10 si é conxunto, con independencia de que permanezan ou non os tractores na capital de Galicia.

8 de setembro:
12 h.: Concentración de tractores nas rúas lindeiras a Área Central e ao Centro Comercial As Cancelas, con reparto gratuíto de leite.

9 de setembro:
12 h.: Concentración de tractores nas rúas lindeiras ao edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano.
16 h.: Reparto de leite gratuíto na Praza Roxa.

10 de setembro:
12 h.: Manifestación a pé, saíndo da Alameda e concentración diante do edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano.

Dende a  Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego recordan aos participantes que “a finalidade é chamar a atención da Administración sen causar alteracións da orde pública”.

Os gandeiros concentrados en Lugo aínda non decidiron se van ir manifestarse a Santiago ou non. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información