Calendario 2021-22 de podas e enxertas na viña

Artigo de Bernardo Estévez Villar, viticultor ecolóxico do Ribeiro

Publicidade
Calendario 2021-22 de podas e enxertas na viña

Labores de poda da viña.

Para a elaboración deste calendario seguimos as indicacións do calendario lunar, do mesmo xeito que xa facían os nosos avós, que nunca podaban sen ter en conta a lúa, así como para outras moitas tarefas da viña e do resto de cultivos.

Os líquidos internos das plantas ascenden e descenden coa lúa. Deste xeito, coa lúa ascendente temos máis seiva na parte da planta que está por encima do solo; mentres que coa Lúa descendente os líquidos internos das plantas descenden, e a maior parte da actividade da planta realízase nas raíces. Precisamente iso é o que buscamos podando en Lúa descendente, que a actividade da parte aérea sexa a menor posible.

A poda é moi traumática para a planta, polo que se non a facemos na lúa axeitada os cortes provocarán choros nas vides. Ademais, a parte do trauma do propio corte e da variación que producimos na estrutura natural da planta, cunha poda en mala época tamén estamos a xerar un baleirado das reservas que a cepa acumulou no outono, despois da vendima, reservas que son moi necesarias para na primavera ter unha boa brotación.

Será tamén conveniente protexer os cortes de madeira de máis de dous anos. Para iso, podemos aplicar despois de finalizar a xornada de poda un caldo sulfocálcico ou calquera preparado a base de arxila, borralla de leña, bosta de vaca …

Calendario de poda e enxerta 2021-22:

Decembro 2021
Este ano o período de poda en decembro coincide moi ben para recuperar viñas que estean moi fracas, ou para impulsar o crecemento de novas plantacións de máis de 4 anos xa asentadas, posto que se xuntan dous dos movementos da lúa, descendente e minguante, co cal a parada da planta é case total (pouca seiva na parte aérea da vide), deste xeito imos alongar moito o ciclo vexetativo da planta, sempre a condición de que non sexa un sitio xeadeiro.

Días de poda: 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31. Lúa descendente e tamén minguante.

Xaneiro 2022
Días de poda: 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29. Lúa descendente e tamén minguante.

Febreiro
Días de poda: 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25. Lúa descendente e minguante a partir do día 16.

Días de enxerta: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 26, 27, 28. Lúa ascendente.

Marzo
Días de poda: 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 23, 24, 25. Lúa descendente, podemos seguir uns días máis, xa que estamos tamén en lúa minguante até o 31 e non vai subir aínda a seiva. Deste xeito, poderíase aínda podar nos días 26, 27, 28, 29, 30, 31.

Días de enxerta: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 9, 10, 11. Lúa ascendente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información