Curso de poda de froiteiras en Bergondo

Publicidade

A Fundación Juana de Vega, en colaboración coa AGACAL, organiza unha nova edición do curso de Fruticultura, que estará dividido por módulos. O primeiro destes módulos estará dedicado á poda de varios tipos árbores froiteiras en diferentes momentos do ano, incluíndo o uso e mantemento de ferramentas, entre outros conceptos.

Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a xuño. Haberá tamén unha visita de campo e a cata das froitas cultivadas durante a xornada de clausura.

Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (AGACAL) en Bergondo (A Coruña).

Obxectivos
Ao remate do curso, o alumnado será capaz de:

Realizar todas as operacións de xestión das explotacións froiteiras da zona atlántica.
Realizar as tarefas de conservación, elaboración e comercialización de froitas.
Para a consecución dos obxectivos, a execución do curso será de carácter descontinuo para que as prácticas se desenvolvan durante o ciclo vexetativo das árbores.

Horas: 48
Prezo: 100€
Prazas: 20

Lugar
Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (Bergondo), salvo a xornada de inauguración de base teórica, que será na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros). Pola metodoloxía eminentemente práctica do curso, as condicións climatolóxicas poden obrigar a facer pequenos cambios e adaptacións do calendario.

Coordinadores xerais
Camino Nicolás Velado. CFEA de Guísamo (AGACAL)
Elena López Colmenero. Fundación Juana de Vega

Coordinador técnico
Luis Quinteiro González

Poda froita

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información