Biocontrol e Bionutrición: Presente e futuro para unha agricultura máis sustentable

Nun mundo onde a preocupación pola seguridade alimentaria e a sustentabilidade ambiental vai en aumento, as prácticas agrícolas convencionais están a ser cuestionadas. Neste contexto, o biocontrol e a bionutrición emerxen como aliados esenciais para unha agricultura máis sustentable e respectuosa co medio ambiente.

Publicidade
Publicidade

DELAGRO biocontrol_bionutrición_delagro_foto_portadaMildiu, oidio, botryte, armilaria, e couza, , mosquito verde, son algunhas das enfermidades e pragas máis comúns que sofren os nosos cultivos. En ocasións, poden ocasionar danos que que redunden en graves perdas de colleita, coa consecuente perda de rendibilidade. Cada vez son máis habituais os ataques de patóxenos como consecuencia do cambio climático, o movemento de mercadorías… Até agora, a forma habitual de combatelo era co uso de produtos de síntese química e con certo impacto ambiental.

Na actualidade, o escenario cambiou e moitas das materias activas que viñan utilizando xa non están dispoñibles, e das existentes moitas desaparecerán nun curto prazo de tempo. Estas materias activas foron retiradas do mercado debido ao seu perigo e outras moitas están en dúbida. Isto dificultaría combater os perigos aos que están expostos os nosos cultivos nun futuro próximo.

Porén, os agricultores e gandeiros, poden estar tranquilos. Delagro, como un dos maiores referentes no sector, aposta por produtos innovadores e alternativos respectuosos co medio ambiente e que se adaptan ás novas esixencias de carácter ambiental. Falamos das solucións de biocontrol e bionutrición que complementarán as ferramentas actuais, até chegar ao momento de nalgún momento poder substituílas.

Unha forma diferente de facer as cousas, con mellores resultados

Cando falamos biocontrol e bionutrición non podemos ser escépticos, o seu uso está altamente contrastado e con resultados espectaculares, pois estas solucións xa se veñen usando en agricultura intensiva desde hai moito tempo. En palabras de Jesús Sánchez, técnico especialista en viñedo de Delagro: “Adaptarse e ser máis eficientes e eficaces á hora de usar as ferramentas dispoñibles, para combater as pragas e enfermidades dos nosos cultivos, permitiranos diferenciarnos e engadir valor ao produto ofrecido aos nosos consumidores”.

Neste sentido, precisa que “actualmente, grazas á biotecnoloxía e á I+D+I, xa dispomos de ferramentas de biocontrol como os insectos depredadores, micoparásitos que atacan a un amplo espectro de fungos fitopatóxenos e oomicetos, , fungos entomopatóxenos que se utilizan para o control de pragas de insectos, bacterias entomopatóxenas de orixe natural que combaten pragas de maneira efectiva, etc”.

“Por pór un exemplo, se temos unha araña vermella, a solta de ácaros fitoseidos como (Phytoseiulus persimilis, Amblyseius californicus) ou da larva dun mosquito cecidómido (Feltiella acarisuga), todos eles, totalmente inofensivos para a planta, controlarían a praga de tetraníquidos para que esta non puidese prexudicar ao cultivo”, explica o técnico de Delagro.

O biocontrol refírese ao uso de organismos vivos para controlar poboacións de pragas e enfermidades en cultivos. En lugar de depender exclusivamente de pesticidas químicos, o biocontrol utiliza inimigos naturais para manter o equilibrio nos ecosistemas agrícolas. Este enfoque non só é máis sustentable, senón que tamén axuda a previr resistencias que diminúen a eficacia de ferramentas convencionais.

Acio de uva afectado por mildiu nun estadio temperán

Acio de uva afectado por mildiu nun estadio temperán

Doutra banda, temos as solucións de bionutrición. Buscan achegar ás plantas a nutrición que necesitan no momento adecuado axudándoas cos seus procesos metabólicos , provocando unha mellora no desenvolvemento, vigor, rendemento e calidade dos cultivos, ao estimular procesos naturais que benefician o crecemento e a resposta ao estrés abiótico como altas e baixas temperaturas, ou biótico como o ataque dunha enfermidade.

Segundo Jesús Sánchez, “a bionutrición está moito máis estendida do que se percibe e leva moito tempo asociada á agricultura. Os bioestimulantes, teñen un papel moi importante que desempeñar na agricultura convencional como complemento á nutrición e á protección de cultivos. Produtos de innovación sustentable en agricultura e eficacia contrastada de Delagro, como BLUE STAR, BLUE CYCLE ou STAR B2 son solucións que melloran a saúde e o rendemento das plantas, ofrecendo complementos de base natural aos produtos químicos sintéticos.. Delagro pon a disposición dos nosos agricultores soluciones biolóxicas exclusivas, innovadoras e sustentables para afrontar os desafíos agronómicos diarios aos que se enfronta a nosa agricultura.

Acios de uvas na Ribeira Sacra

Acios de uvas na Ribeira Sacra

A través da utilización de bioestimulación, microorganismos benéficos e materia orgánica de calidade, búscase mellorar a saúde do solo e optimizar a absorción de nutrientes polas plantas. “A saúde do chan, ao longo dos tempos, foi a gran esquecida pero cada vez máis os agricultores son conscientes da importancia, e da necesidade de conservar a riqueza dos nosos solos únicos e irreemplazables. As plantas comen a través das raíces, , é por iso que, un solo supresivo é un solo equilibrado e san, cunha ampla diversidade de microorganismos beneficiosos que xeran e inducen a protección contra enfermidades, favorecendo a inmunidade das plantas. Un solo san e vivo permite un maior aproveitamento dos nutrientes, mellores producións e mellores rendibilidades que, en definitiva, é o que busca todo agricultor e gandeiro”, comenta Jesús Sánchez.

Existe unha gran diversidade de bioestimulantes que contribúen ao futuro da agricultura sustentable como  os bioestimulantes vexetais a base de algas mariñas, que modulan a expresión xenética e inducen cambios metabólicos nas plantas que conducen aos efectos bioestimulantes que observamos no campo. Ou os bioactivadores que permiten estimular e/ou desbloquear a actividade nutricional radicular e/ou foliar do cultivo, actuando como vigorizantes.

“Aínda que existe unha gran oferta actualmente no mercado que dificulta elixir a solución máis adecuada, o asesoramento por parte dos técnicos facilitará a decisión, pero o que non é discutible son os beneficios que xeran nos cultivos. É por iso que en Delagro somos moi conscientes, dedicando grandes esforzos á investigación e desenvolvemento de produtos desta natureza potenciando a súa utilización”, destaca o técnico de Delagro.

Ambas as prácticas, biocontrol e bionutrición, ofrecen beneficios que van máis aló da acción de producir. Reducen a dependencia de produtos químicos, reducen a vulnerabilidade ante a perda de materias activas e diminúen a contaminación da terra e da auga, preservando e alimentando a biodiversidade para contribuír á súa riqueza. A saúde a longo prazo dos solos non é algo que deba facerse por imperativo legal, senón por responsabilidade.

Acios ben formados

Acios ben formados

Desafíos e futuro do biocontrol, a bioestimulación e a bionutrición

O futuro da agricultura sustentable e a nutrición vexetal depende en gran medida da integración exitosa de enfoques como o biocontrol e a bionutrición nas estratexias de control actuais. A medida que a demanda de alimentos medra e a presión sobre os recursos naturais aumenta, é crucial avanzar cara a métodos de produción máis efectivos e compatibles co coidado do medio ambiente.

En conclusión, o biocontrol e a bionutrición representan un paso significativo cara a unha agricultura resiliente. Ao adoptar estas prácticas, non só aseguramos a seguridade alimentaria, senón que tamén iniciamos o camiño cara a uns obxectivos que nos afectan a todos: preservar a saúde do noso planeta para as xeracións futuras, garantir a saúde e o benestar e o alimento do futuro. A colaboración entre a ciencia, os agricultores e as institucións é esencial para levar adiante esta revolución verde.

Más información sobre los productos de DELAGRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información