Axudas da Xunta para permutas de fincas de especial interese agrario

Ampliado até o 16 de novembro o prazo para solicitar as axudas da Consellería do Medio Rural para o pago de gastos notariais de permutas de leiras de especial interese agrario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución pola que se amplía o prazo de solicitude de axudas para afrontar os gastos notariais e de inmatriculación de predios obxecto das permutas de interese agrario, cun investimento total de 50.000 euros.

Os interesados en solicitar esta achega teñen ata o día 16 de novembro para presentar a súa petición e só teñen que acreditar, mediante resolución da persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o especial interese agrario da permuta.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia non competitiva ás persoas que presenten unha identificación do acto administrativo polo que se declara a permuta de especial interese agrario, un certificado ou nota simple da inscrición da permuta que se trata ou dos predios inmatriculados, as facturas notariais e do rexistro da propiedade relativas á permuta e o xustificante do seu pago bancario.

As permutas son unha das ferramentas coas que conta a Xunta para a mobilización de terra agraria e así evitar o seu abandono. A través da Lei de recuperación de terra agraria, o Goberno autonómico quere intensificar a súa mobilización e para iso conta con recursos como son os polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as permutas, entre outros.

Nesta caso, as permutas de especial interese agrario son un mecanismo especialmente acaído para mellorar a base territorial das explotacións agrarias galegas. Para incentivar o seu uso, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural dispón destas axudas que permiten o reembolso dos gastos notariais e de inmatriculación que orixinen.

Enlace á publicación do DOG

Enlace á web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para máis información sobre as permutas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información