O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSG) de Galicia beneficiarias na convocatoria de 2018-2019. Neste caso esgotouse o crédito ata os 2,15 millóns de euros, beneficiando así un total de 71 agrupacións.
O obxectivo destas axudas é mellorar o status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.
Dende a Consellería destacan que “Galicia é a única Comunidade Autónoma que mantén, ano tras ano, esta liña de axudas financiada con fondos propios e para abordar o control de determinadas enfermidades animais que non son obxecto de programas nacionais, co fin de contribuír á mellora sanitaria da cabana gandeira apoiando economicamente o soporte técnico aos gandeiros, así como os custes das analíticas de laboratorio, onde ás mostras dos animais das explotacións integradas en ADSG se lles aplica unha taxa de análise reducida no Laboratorio de Sanidade e Produción de Galicia”.
Os gastos subvencionables serán todos aqueles derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou da remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización dos distintos programas zoosanitarios. Así mesmo, tamén se financiarán os gastos derivados da compra de material funxible como guantes e calzas, así como tubos de extracción de sangue e agullas, e cursos de formación para os gandeiros.
Beneficiarios/as e subvención:
NIF | Nome agrupación | Axuda total adxudicada | Axuda 1ª liña: persoal veterinario | Axuda 2ª liña: material funxible | Axuda 3ª liña: xornadas formativas |
G27441278 | ADSG A Lagoa | 29.097,11 € | 28.500,00 € | 597,11 € | 0,00 € |
G27427384 | ADSG A Mariña | 14.912,30 € | 14.300,00 € | 612,30 € | 0,00 € |
G27300953 | ADSG A Pastoriza | 41.417,15 € | 40.400,00 € | 1.017,15 € | 0,00 € |
G32360018 | ADSG Acivo | 45.810,00 € | 45.810,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
G32368219 | ADSG Agamo | 7.469,72 € | 7.324,12 € | 145,60 € | 0,00 € |
G15084601 | ADSG Agavi | 9.210,00 € | 8.300,00 € | 910,00 € | 0,00 € |
F27300821 | ADSG Aira Soc. Coop. Galega | 20.800,00 € | 20.200,00 € | 600,00 € | 0,00 € |
G32291668 | ADSG Asociación Agrogandeira A Veiga | 23.109,35 € | 22.600,00 € | 509,35 € | 0,00 € |
V36366060 | ADSG Avicultura de Recría e Posta | 9.522,90 € | 9.522,90 € | 0,00 € | 0,00 € |
V32362154 | ADSG Baixa Limia | 8.570,20 € | 8.300,00 € | 270,20 € | 0,00 € |
G27290774 | ADSG Becerreá | 20.653,10 € | 20.200,00 € | 453,10 € | 0,00 € |
G27315084 | ADSG Bubela | 28.991,00 € | 28.500,00 € | 491,00 € | 0,00 € |
G27301704 | ADSG Castelo Verde | 41.492,00 € | 40.400,00 € | 1.092,00 € | 0,00 € |
G27314947 | ADSG Castro de Rei | 63.050,00 € | 60.600,00 € | 950,00 € | 1.500,00 € |
G32141657 | ADSG Colaboradores de Saprogal | 8.200,00 € | 7.800,00 € | 400,00 € | 0,00 € |
F70305032 | ADSG Coreber, S.C.G. | 16.346,52 € | 16.346,52 € | 0,00 € | 0,00 € |
V15469034 | ADSG Coruña Centro | 22.700,00 € | 20.200,00 € | 1.000,00 € | 1.500,00 € |
G15477284 | ADSG Coruña Costa | 22.867,71 € | 20.200,00 € | 1.167,71 € | 1.500,00 € |
G15961956 | ADSG Coruña Oeste | 3.313,50 € | 3.313,50 € | 0,00 € | 0,00 € |
G15524945 | ADSG Coruña Sur | 22.000,00 € | 20.200,00 € | 1.800,00 € | 0,00 € |
G70172085 | ADSG Costa da Morte | 62.865,62 € | 61.700,00 € | 1.165,62 € | 0,00 € |
G15914708 | ADSG Curtis | 42.230,00 € | 40.400,00 € | 1.330,00 € | 500,00 € |
G32285579 | ADSG de Avicultores Ourense | 21.282,95 € | 20.200,00 € | 1.082,95 € | 0,00 € |
V36037851 | ADSG de Gando Porcino de Silleda | 45.400,00 € | 40.400,00 € | 3.500,00 € | 1.500,00 € |
G15932379 | ADSG do Gando Vacún de Boimorto | 20.627,10 € | 20.200,00 € | 427,10 € | 0,00 € |
G15920739 | ADSG do Gando Vacún de Mesía | 22.380,00 € | 20.200,00 € | 680,00 € | 1.500,00 € |
G15941669 | ADSG do Gando Vacún de Touro | 20.755,00 € | 20.200,00 € | 405,00 € | 150,00 € |
G15932387 | ADSG do Gando Vacún Terras do Queixo | 20.955,00 € | 20.200,00 € | 755,00 € | 0,00 € |
G15972714 | ADSG Encoro do Eume | 13.975,00 € | 13.700,00 € | 275,00 € | 0,00 € |
G27302835 | ADSG Fonsega | 21.217,90 € | 20.200,00 € | 517,90 € | 500,00 € |
G27414465 | ADSG Galicia Centro | 142.100,00 € | 138.200,00 € | 2.400,00 € | 1.500,00 € |
G27317569 | ADSG Gandeiros de Pol | 20.750,00 € | 20.200,00 € | 550,00 € | 0,00 € |
G27302728 | ADSG Gandeiros do Corgo | 20.633,70 € | 20.200,00 € | 433,70 € | 0,00 € |
G70391206 | ADSG Gando Vacún de Frades | 22.411,16 € | 20.200,00 € | 711,16 € | 1.500,00 € |
G15927163 | ADSG Gandosan | 6.481,70 € | 6.319,00 € | 162,70 € | 0,00 € |
G36483279 | ADSG Leiras | 20.884,00 € | 20.200,00 € | 684,00 € | 0,00 € |
F27007608 | ADSG Leite de Vaca Certificado de Coop. Os Irmandiños, S.C.G. | 8.300,00 € | 8.300,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
F27013739 | ADSG Lemos, S.C.G. | 58.469,53 € | 57.000,00 € | 1.057,53 € | 412,00 € |
G32347015 | ADSG Macizo Central Ourensán | 22.274,18 € | 22.274,18 € | 0,00 € | 0,00 € |
G15975220 | ADSG Mandeume | 8.553,30 € | 8.300,00 € | 253,30 € | 0,00 € |
G15975238 | ADSG Mazaricos | 68.196,00 € | 65.300,00 € | 1.396,00 € | 1.500,00 € |
F15033798 | ADSG Melisanto, S.C.G. | 8.300,00 € | 8.300,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
G27430354 | ADSG Miño Eo | 20.653,30 € | 20.200,00 € | 453,30 € | 0,00 € |
G27426394 | ADSG Montaña Lucense | 67.018,00 € | 65.300,00 € | 1.218,00 € | 500,00 € |
G15970023 | ADSG Nicraria Barcalesa | 36.967,08 € | 35.336,18 € | 630,90 € | 1.000,00 € |
G70323282 | ADSG O Cruceiro | 50.487,60 € | 48.100,00 € | 887,60 € | 1.500,00 € |
G27302439 | ADSG O Páramo | 25.758,50 € | 25.200,00 € | 558,50 € | 0,00 € |
G70278148 | ADSG Ortegal | 8.499,80 € | 8.300,00 € | 199,80 € | 0,00 € |
G27295393 | ADSG Ourol | 4.390,00 € | 4.300,00 € | 90,00 € | 0,00 € |
G27301936 | ADSG Paradela | 20.200,00 € | 20.200,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
G70210778 | ADSG Pel Galega | 2.820,00 € | 2.820,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
G70024401 | ADSG Pico Sacro Ulla | 20.597,00 € | 20.200,00 € | 3.970,00 € | 0,00 € |
V36219582 | ADSG Porcino do Deza | 22.968,54 € | 20.200,00 € | 1.268,54 € | 1.500,00 € |
V27282938 | ADSG Porcino Lugo Centro-Norte | 45.900,00 € | 40.400,00 € | 4.000,00 € | 1.500,00 € |
G27283043 | ADSG Porcino Lugo Sur | 19.000,00 € | 19.000,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
G32285595 | ADSG Produtores de Pavos Ourense | 8.300,00 € | 8.300,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
G32308843 | ADSG Produtores de Porcino de Ourense | 44.000,00 € | 41.500,00 € | 2.500,00 € | 0,00 € |
G27355304 | ADSG Río Narla | 36.970,00 € | 36.260,00 € | 710,00 € | 0,00 € |
G27442748 | ADSG Río Neira | 55.850,00 € | 53.400,00 € | 950,00 € | 1.500,00 € |
G32332819 | ADSG San Mamede de Maceda | 17.894,50 € | 17.545,70 € | 348,80 € | 0,00 € |
G70320759 | ADSG Sandogan | 80.050,00 € | 78.300,00 € | 1.750,00 € | 0,00 € |
G15966617 | ADSG Santa Comba | 21.343,43 € | 20.200,00 € | 915,80 € | 227,63 € |
G27286855 | ADSG Santa Isabel | 22.584,40 € | 22.200,00 € | 384,40 € | 0,00 € |
G27495522 | ADSG Sarria | 43.896,40 € | 42.900,00 € | 996,40 € | 0,00 € |
F36559003 | ADSG Servicios de Gestión Cunicula-Sercuni, S.Coop. Galega | 16.959,00 € | 16.959,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
G27383777 | ADSG Suarna | 5.320,12 € | 5.216,42 € | 103,70 € | 0,00 € |
G27465459 | ADSG Terras da Ulloa-Pallares | 67.686,00 € | 65.300,00 € | 1.386,00 € | 1.000,00 € |
G27290170 | ADSG Trimaz | 21.881,82 € | 21.399,82 € | 482,00 € | 0,00 € |
G27293406 | ADSG Vacasan | 39.233,89 € | 36.700,00 € | 1.902,80 € | 631,09 € |
G27371954 | ADSG Vilam | 37.495,91 € | 36.835,21 € | 660,70 € | 0,00 € |
V36455921 | ADSG Xundeva | 126.700,00 € | 121.200,00 € | 4.000,00 € | 1.500,00 € |