Apoios a 57 cooperativas para a compra de maquinaria en réxime asociativo

Apoios a 57 cooperativas para a compra de maquinaria en réxime asociativo

Imaxe do parque de maquinaria de Aira. / Arquivo.

A Xunta destina 4,5 millóns de euros ós apoios á compra de maquinaria agrícola en réxime asociativo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se informa das entidades beneficiarias. As achegas beneficiarán a 57 cooperativas, en tanto outras 5 quedan fóra por incumprir distintos puntos das bases.

Estas axudas teñen como obxectivo principal promover a utilización e introdución de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, así como racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético.

Con estas achegas prevese a modernización das explotacións beneficiarias, á vez que tamén se espera que sirvan para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco no agro.

A convocatoria de axudas resolta hoxe enmárcase no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O prazo de xustificación destas axudas é ata o 30 de setembro de 2023.

Pódese consultar no DOG a lista de beneficiarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información