Altibaixos na recría e subas no vacún maior extra en Silleda

Altibaixos na recría e subas no vacún maior extra en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca celebrou este martes o seu segundo mercado gandeiro do 2024, cunha boa afluencia. A poxa contou cun total de 794 becerros de recría e 265 de vacún maior, superando a marca de asistencia da última poxa do pasado ano, celebrada o 19 de decembro, na que foron 758 e 248 animais, respectivamente.

Nas mesas de prezos, non houbo cambios nas cotizacións dos ovos e da carne de porco, pero si se rexistraron pequenas subidas nos leitóns.

Prezos do vacún

Detallamos as diferentes seccións do gando de vacún para coñecer a evolución dos prezos. É necesario resaltar que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares está condicionado por diferentes factores.

Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, tiveron unha baixada de 3 euros no seu valor e sitúanse nos 67 euros, respecto da pasada xornada. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa e representativa- tiveron un valor medio de 93 euros (-6 euros). Os becerros de máis de 50 días tiveron un prezo de referencia de 147 euros, que foron os que tiveron un ascenso medio reseñable, de 47 euros.

Lonxa09012024

Nos becerros de recría de cruces industriais, os becerros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 261 euros, cunha subida de 45 euros. As femias desta sección cotízanse a 248 euros (+49 euros). Pola contra, nos animais de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa-, rexistrouse unha leve subida de 7 euros, fixándose en 408; nas femias houbo unha baixada e quedou nos 283 euros de media (-6 euros). Nos exemplares de máis de 50 días, os machos baixaron de prezo unha media de 59 euros e sitúanse nos 497 euros. Mentres, as femias descontaron 87 euros con respecto da cotización de hai dúas semanas e quedan cun valor de referencia de 382 euros.

No vacún maior só os animais das categorías extra e segunda experimentaron subidas esta semana, mentres que no resto de categorías impuxéronse as baixadas. Así, nos de extra o prezo incrementouse 150 euros e chegaron aos 2.056 euros. Pola contra, nos de primeira houbo unha baixada de 29 euros e sitúanse nos 1.133 euros. Nos animais da categoría segunda houbo un incremento de 13 euros e quedan cun valor de referencia de 712 euros. Por último, os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 495 euros, o que supuxo unha baixada de 27 euros con respecto á última poxa.

En canto aos tenreiros carniceiros adxudicáronse 92 e o prezo medio foi de 1.068 euros.

Mesas de prezos

Lonxa209012024

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan cunha lixeira alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo.

Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 96 euros (cun prezo de 4,8 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 91 euros e cun prezo por quilo de 4,55 euros.

O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, os da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvieje semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo.

O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 4 de xaneiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información