‘Algunhas reflexións sobre a perda da aldea de Vilar, no Courel’

Artigo de opinión de David López, que na actualidade traballa en Almería como técnico de operacións na defensa contra incendios forestais. David López é veciño dos Ancares e nos últimos anos veu desenvolvendo un destacado labor de dinamización a través do Centro de Desenvolvemento Rural dos Ancares e da cooperativa A Carqueixa

‘Algunhas reflexións sobre a perda da aldea de Vilar, no Courel’

O incendio que arrasou o Courel levou por diante casas e o museo etnográfico que albergaba a aldea de Vilar.

Quen coñecera a aldea de Vilar do Courel antes do lume que a calcinou, co seu museo etnográfico dotado de apeiros relacionados ca cultura rural e forestal courelá, recopilados con moito esforzo por Xan de Vilar, e letreiros que fixo o difunto Paco O Forestal; co castro celta, ca capela do seculo III d.c. e a preciosa tipoloxia constructiva das vivendas da aldea, valorará como enorme a gran perda que tivemos como sociedade.

E tamén farase multitude de preguntas. A mais recurrente é como se desaloxa unha poboación e non se envía ningún medio ou recurso do dispositivo público de defensa contra incendios (PLADIGA) a defendela?.

Cando un fronte de lume alcanza no seu avance unha poboación o impacto dura poucos segundos, non é unha fonte de calor mantida durante tempo, neses intres comezan a queimarse as ventás, os marcos das portas e as estruturas do teito, pero isto non é inmediato, non empeza a arder de súpeto, senón que desarróllase en varias fases, unha primeira de ignición, nos primeiros instantes, que ofrece unha ventá de oportunidade, se se conta con camión de incendios (camión autobomba) preto, para atallar a ignición das estruturas de madeira nas primeiras fases da ignición e que o lume na vivenda nan vaia a máis.

A pregunta máis recurrente quizais sexa como é que se desaloxa unha poboación e non se envía ningún medio a defendela?

Outra pregunta mais é que, sabendo que as aldeas están expostas no medio rural ó risco que un lume forestal alcance o seu nucleo, como non se forma á poboación residente desas aldeas en medidas para minimizar os danos do impacto: pechar ben as portas e ventás exteriores e interiores, mollar todas estruturas que conteñan madeira, teitos, portas, retirar obxetos que poidan ser combustibles pegados ás vivendas, cortar a electricidade, e ter identificados e sinalados lugares dentro do nucleo onde poidan confinarse en caso de non poder ser evacuados.

Por outro lado, se Vilar contaba con Bens de Interese Cultural de gran valor, Castro Celta e Capela do Século III, a que se esperaba a ter un Plan de Protección Fronte Incendios Forestais, onde se planifiquen medidas para evitar o risco de afección ó Ben, e se determinen os medios ou recursos a utilizar para atallar a emerxencia en caso de que esta ocurra, como fan outras comunidades autonomas.

En Vilar do Courel celebrabanse multitude de eventos festivos, as marabillosas Romarias de Vilar, onde se cantaba, bailaba e festexaba no fermoso souto que envolvia a aldea, en semana santa, celebrabase o Via Crucis, e era visitado por multitude de persoas. Como non contaba cunhas franxas de protección con xestión da biomasa. A que se agardaba, a que executara esas franxas Xan de Vilar, con 80 anos?.

Xestión das plantacións forestais
Tamén cómpre denunciar a errada xestión do territorio sobre a que moitas persoas e colectivos levan moito tempo alertando, con caso omiso. A modo de exemplo, as subvencións á plantación forestal, nas que os conceptos subvencionables contabilízanse por unidade: aburatado para plantar, planta, aplicación de fertilizante… Ao considerarse unha densidade mínima de plantación de 1.600 pés por hectarea para piñeiros e 1.100 pés por hectarea para frondosas, as empresas forestais que executan os traballos sempre optan polos piñeiros, xa que así cobran mais diñeiro por hectárea.

Estes traballos execútanse en terreos moi ladeiros con moita pendente, a miúdo en zonas que poderian albergar frondosas pola profundidade dos solos.

Para as plantacións emprégase maquinaria apta para grandes pendentes, como as retro arañas, máquinas con patas independentes que pódense adecuar ó terreo. Estas máquinas podense utilizar durante a plantación, pero non nos tratamentos posteriores: rozas, clareos e claras das masas forestais instaladas, resultando esas plantacións abandonadas, sen xestión posterior á plantación.

Iso crea unha enorme carga de combustible na paisaxe, facéndoa pouco resiliente ó avance dun lume e incrementando o risco de queimar aldeas, como está acontecendo e seguirá, de continuarse con estas politicas.

Información
Durante a duración da emerxencia por incendios forestais, os mais daninos da nosa terra ata agora, non se coñece ningunha rolda de prensa informando á poboación galega do estado da emerxencia, que durou unha semana. Tampouco houbo información sobre as medidas aplicadas para atallala nin polo Director de Extinción, nin polos xefes de Servizo, nin polo conselleiro do Medio Rural.

Noutras comunidades autónomas (Andalucia, Catalunya, Illas Canarias), tanto o Director de Extinción como @ Conselleir@ ofrecen roldas de prensa onde explican o estado da emerxencia e o plan de operacións, no caso de Andalucia dúas diarias, ás 10:00 e ás 20:00 h.

Na Galiza, incluso a día de hoxe, resulta tremendamente difícil obter información dese lume.

Evacuacións
Por último, denunciar o desaloxo obligatorio e imposto á toda poboación, en moitas ocasións provocando conflictividade, cando na maioria das veces son os veciños os que afrontan a emerxencia e salvan as aldeas con contralumes eficientes, grazas ó seu coñecemento no manexo do lume.

Ademais en moitos casos, as evacuacións expoñen ós residentes a máis riscos nos traxectos que un confinamento seguro na aldea.

David López

* Técnico de Operaciones del Centro Operativo Provincial de Almería (INFOCA)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información