Alcampo, Vegonsa e Central Lechera de Lugo reciben sancións da AICA por incumprir a Lei da Cadea Alimentaria

Alcampo, Vegonsa e Central Lechera de Lugo reciben sancións da AICA por incumprir a Lei da Cadea Alimentaria

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) impuxo en xaneiro 34 novas sancións por infraccións ao incumprir a Lei da Cadea Alimentaria que en total suman 136.424,6 euros, principalmente por incumprimento dos prazos de pago e non formalizar por escrito os contratos alimentarios, segundo a publicación correspondente da Axencia de Información e Control Alimentario (AICA).

Entre as compañías sancionadas atópase a cadea de distribución Alcampo, que recibiu a multa de maior contía, de 39.600 euros, por «resistencia, obstrución, escusa ou negativa ás actuacións da Administración», segundo se detalla no documento.

A segunda maior multa recaeu sobre Central Lechera de Lugo (18.001 euros) polo mesmo motivo. Precisamente, a asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla así como Unións Agrarias, denunciaron o pasado ano «importantes débedas» da empresa Central Lechera de Lugo (Grupo Santé) cos produtores de leite.

Entre as empresas galegas sancionadas pola AICA tamén se atopan Vego Supermercados S.A.U., con 3.001 euros, Avícola Barreiro SL, con outros 3.001 euros, e Vinícola de Chantada, SA (VITASA), cunha sanción de 1.800,60 €. O motivo no caso destas tres empresas é o incumprimento nos prazos de pago.

Precisamente, a maioría das sancións (até 22 do total de 34) débense ao incumprimento dos prazos de pago, con multas de 1.800,60 ou 3.001 euros, segundo os casos.

Tamén se sancionaron infraccións por «non formalizar por escrito os contratos alimentarios», con multas que variaron entre os 1.800,60 os 3.001 euros.

No 2023, a AICA impuxo sancións por preto de 376.000 euros por incumprir a Lei da Cadea Alimentaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información