Afouteza, a cidade deportiva do Celta, vístese de Pino de Galicia

A instalación, proxectada polo arquitecto Jesús Irisarri, destaca polo uso da madeira tanto en exteriores como en interiores, unha aplicación que contribúe a conectar a edificación co entorno natural

Afouteza, a cidade deportiva do Celta de Vigo, constitúe un exemplo dos novos usos que está a gañar a madeira no contexto da bioeconomía. A instalación, proxectada polo arquitecto Jesús Irisarri, empregou madeira de Pino de Galicia, tanto en exteriores como en interiores, unha solución que lle aportou ó proxecto vantaxes tanto a nivel técnico como estético.

Irisarri explica, nun vídeo sobre Afouteza elaborado pola Fundación Arume, que un dos principais obxectivos das aplicacións en madeira era a de conectar o entorno natural coa edificación, mantendo unha continuidade a nivel sensorial, en canto a cores, texturas e luces.

Desde o punto de vista técnico, a madeira empregada cumpre ademais con todas as especificacións requeridas, tanto en durabilidade como a nivel de tratamento ignífugo ou de mellora da acústica interior, segundo explica no vídeo Tania Silva, do departamento técnico de Molduras Noroeste, a firma proveedora da madeira.

Con esta peza, a Fundación Arume pon de manifesto como o emprego de madeira en interiores e exteriores de edificacións é unha opción que ofrece numerosas vantaxes, tanto en sostibilidade ambiental dos proxectos como a nivel estético e técnico.

Nunha sociedade con importantes preocupacións ambientais, como o cambio climático, a madeira preséntase como o único material renovable, sostible e con pegada de carbono negativa, pois cómpre lembrar que as árbores capturan CO2 atmosférico durante o seu ciclo.

A Fundación Arume subliña que por iso, a madeira é un material que está a gañar espazo na construción en substitución dos tradicionais (formigón, aceiro, ladrillo, etc.).

Con esta peza, a Fundación Arume continúa a serie divulgativa, conformada por vídeos e entrevistas, coa que quere dar a coñecer o traballo da cadena monte industria de coníferas, destacando a ampla gama de usos e aplicacións que ofrece a madeira galega de piñeiro.

En especial, Arume incide na importancia da marca ‘Pino de Galicia’ para prestixiar a calidade e orixe da madeira galega, así como para certificar a súa trazabilidade e sostibilidade.

Interior de Afouteza.

Interior de Afouteza.

Sobre a Fundación Arume
A Fundación Arume, entidade declarada de interese para o desenvolvemento forestal de Galicia, está integrada polo conxunto do sector forestal da comunidade (asociacións de propietarios, viveiros, cadea industrial, empresas de servizos en monte, etc.). O seu obxectivo é fomentar o desenvolvemento do piñeiro en Galicia, para o que traballa en catro liñas estratéxicas: silvicultura e restauración ambiental, mellora xenética, formación e marca (Pino de Galicia).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información