Aberta a convocatoria para o aproveitamento da aldea modelo de Infesta, en Verín

Aberta a convocatoria para o aproveitamento da aldea modelo de Infesta, en Verín

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución pola que se anuncia a convocatoria de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldea modelo de Infesta no concello ourensán de Verín. Esta aldea conta cunha superficie de 36,65 hectáreas, repartidas en 930 parcelas de 232 titulares.

A partir de hoxe poderán presentarse as propostas para o desenvolvemento de actividade agraria nos terreos da aldea modelo de Infesta. Deste xeito, o prazo será de 15 días e abranguerá dende o 19 de agosto ata o 4 de setembro. Poderán presentar solicitudes as persoas físicas ou xurídicas, as administracións públicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas traballadoras autónomas.

Segundo se recolle na guía de ordenación produtiva, a actividade principal serán os cultivos leñosos -como o viñedo, a oliveira ou as árbores froiteiras- e cultivos agrícolas de ciclo curto e complementarios. Plantéxase como actividade secundaria a gandaría en extensivo combinada con estes cultivos. A aldea modelo da Infesta é unha zona óptima para a posta en produción dos terreos para cultivos leñosos ou cultivos complementarios á explotación gandeira.

Así, as solicitudes presentadas valoraranse e seleccionaranse a través dun sistema de puntos, no que se terán en conta criterios como a súa superficie, a complementariedade con outros proxectos de aldea modelo, a creación de explotacións que incorporen a persoas mozas a proximidade entre o proxecto e os núcleos de poboación.

A convocatoria está dispoñible na seguinte ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información