A Feira Internacional Abanca Semana Verde celebrarase do 30 de maio ao 2 de xuño

Terá lugar entre o 30 de maio e o 2 de xuño de 2024, e a organización xa está traballando para cumprir un dobre obxectivo, aumentar o número de expositores, compradores alimentarios e turoperadores, así como manter o gran respaldo do público

A Feira Internacional Abanca Semana Verde celebrarase do 30 de maio ao 2 de xuño

Vista do pavillón de Salimat Abanca en Semana Verde 2023.// Fonte: Feira Internacional de Galicia Abanca

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia xa fixou as súas datas para 2024. Será do 30 de maio ao 2 de xuño cando celebre a súa 46ª edición, coa que pretende converterse unha vez máis no gran certame multisectorial de comercio e lecer do noroeste peninsular. 

Esta pasada 45ª edición reuniu a 740 expositores directos de 10 países, a mellor cifra dos últimos 16 anos, entre os cales foron estranxeiros un 34% máis, á vez que as súas actividades superaron as 200. A súa afluencia foi de 102.689 visitantes, e para a vindeira 46ª edición plantexa superarse.

Para iso traballa xa o seu equipo, o cal está inmerso tanto na organización como na promoción do evento, o cal seguirá apostando por unha fórmula que conta ano tras ano co respaldo de expositores e público. Así, negocio e lecer conxugarase nunha cita que reforzará a diversidade que a caracteriza e sorprenderá con novas propostas.

O XXVII Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca; o XIII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, a X Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, e tamén a X Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca, uniranse a moitos outros sectores que irán dende gandería, bioenerxía, pequena maquinaria, xardinería ou ferramenta ata mobiliario, decoración ou artesanía, ademais de moitos outros produtos e servizos. 

En canto ao seu programa, volverá incluír actividades para profesionais e público xeral, sumando novidades a propostas xa clásicas na feira que contan cunha excelente acollida en todas as edicións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información