A D.O. Ribeira Sacra pecha a terceira mellor vendima da súa historia

Publicidade
A D.O. Ribeira Sacra pecha a terceira mellor vendima da súa historia

Foto: CRDO. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra alcanza os 6.659.286 quilos despois de 51 días de vendima oficial. O ano pasado o final da vendima foi nas mesmas datas, con 6.092.707 quilos vendimados. Este ano os controis de maduración levaron ao pleno do C.R.D.O.R.S. a fixar como data recomendada para o inicio oficial da vendima, o 14 de setembro, aínda que algunhas adegas en determinadas zonas comezaron con vendimas puntuais o 22 de agosto.

Nesta vendima 2023 contábase con 1.971 viticultores rexistrados, 1.307 hectáreas e 89 adegas que recolleron as seguintes cantidades por variedade de uva:

Variedades tintas: 

-Mencía 5.211.818 quilos
-Garnacha 259.800 quilos
-Sousón 96.259 quilos
-Merenzao 67.841 quilos
-Brancellao 62.092 quilos
-Caíño tinto 36.753 quilos
-Tempranillo 35.487 quilos
-Mouratón 7.275 quilos
-Grao Negro 2.010 quilos

Variedades brancas: 

-Godello 699.031 quilos
-Albariño 97.560 quilos
-Treixadura 63.663 quilos
-Dona Branca 8.149 quilos
-Loureira 5.191 quilos
-Branco Lexítimo 4.287 quilos
-Torrontés 2.070 quilos

A campaña 2023 convértese así na terceira máis abundante da historia da D.O. Ribeira Sacra, despois da vendima 2019, previa á pandemia con 7.262.831 quilos e o 2011 que case chega aos 7 millóns de quilos.

O Presidente do Consello Regulador, Antonio Lombardía, valora así a campaña, “Sabiamos que había moitas uvas nas viñas. A climatoloxía foi moi boa para a recollida do branco e máis complicada para recoller o tinto, e aínda así temos unha colleita de gran calidade e importante cantidade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información