Xornada técnica sobre a revalorización e control do produto lácteo

O Concello de Friol organiza este evento que terá lugar o vindeiro 11 de marzo ás 16.30h no salón de actos Centro Sociocultural

Xornada técnica sobre a revalorización e control do produto lácteo

Revalorización do producto lácteo a través do seu control

O Concello de Friol organiza unha xornada técnica dirixida a produtores e transformadores de produtos lácteos para a revalorización e control da súa produción. Terá lugar o próximo 11 de marzo ás 16.30h no salón de actos Centro Sociocultural. Este acto impartirao Manuel Lolo, CEO de AMSlab Control de Calidad.

A análise da caseína A1/A2 no leite e as vantaxes asociadas ao seu control son os eixos principais sobre os que xira o programa que se articula en catro puntos: introdución á temática, control e mellora da produción no sector lácteo, revalorización do produto a través da supervisión sobre a proteína A2, e finalmente, un coloquio.

Actualmente comercialízase leite de tipo A1/A1, A1/A2, e recentemente A2/A2. Esta última é a máis desexada polas súas calidades para a dixestión, así como para a redución dos problemas gástricos asociados -en ocasións erroneamente- á intolerancia á lactosa. Esta tipoloxía de leite ten, entre outras, a ausencia de betacaseína A1; pero, como se alcanza esta mellora desde a produción natural?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información