Santiago de Compostela acolleu hoxe a entrega dos VII Premios Exceleite. A finalidade destes galardóns é recoñecer o proceso produtivo das explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia. Trátase de poñer en valor aos gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, por tanto, coa calidade do leite que producen, sinala a Xunta.
A estos premios optaron todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal). En total foron 20 premios divididos nas categorías extensiva, semiextensiva, intensiva e ecolóxica. Cabe puntualizar que os galardoados pasaron por controis feitos por profesionais do Ligal, veterinarios e técnicos da Consellería.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou o papel dos gandeiros galegos á hora de “consolidar Galicia como unha potencia leiteira” que aposta pola excelencia da produción sustentable. Tamén incidiu en que é a comunidade na que máis creceu a produción de leite no últimos catro anos, xa que concentra arredor do 41% da produción de España. Finalmente, animou a seguir apostando pola modernización e a sustentabilidade das explotacións para garantir o mantemento da “excelencia que caracteriza ó leite galego”.
Premios Exceleite 2023
Gandería extensiva:
Pequeno tamaño:
- Exceleite de ouro: Rubén Domínguez Estraviz, Aranga.
- Exceleite de prata: Granjas Costeiro S.L., Paradela
Mediano tamaño:
- Exceleite de ouro: Tallón Lobato, S.C., Vedra.
- Exceleite de prata: Beatriz López Fernández, Cospeito.
Gran tamaño:
- Exceleite de ouro: Gandaría Sinesi, S.C., Vedra.
- Exceleite de prata: Casa Menor 1614, S.L., Samos.
Gandería semiextensiva:
Pequeno tamaño:
- Exceleite de ouro: Ganadería Leumas, S.C., A Pastoriza.
- Exceleite de prata: Gandaría Guerra-Gavieiro, S.C., Toques.
- Exceleite de ouro: María Rosa Bardanca Fraga, Val do Dubra.
- Exceleite de prata: Casa e Rita, S.C., Vilalba.
- Exceleite de ouro: Gandaría Casa Landeira de Oa, S.C., Trazo.
- Exceleite de prata: Gandaría Celoiras, S.L., Samos.
- Exceleite de ouro: Concepción García Pereira, Frades.
- Exceleite de prata: Marina Amado Aguiar, Vilalba.
- Exceleite de prata: Gandaría Revolta, S.C., Aranga.
- Exceleite de ouro: Casa Martiño, S.C., Sarria.
- Exceleite de prata: Antonio Sufuentes Castro, Guntín.
- Exceleite de ouro: Casa Codesal, S.L., Friol.
- Exceleite de prata: Granxa Ecolóxica Figueroa, S.C., Arzúa.
Mediano tamaño:
Gran tamaño:
Gandería intensiva
Pequeno tamaño:
Mediano tamaño:
Exceleite de ouro: María del Carmen Barrán Santiso, O Pino.
Gran tamaño:
Gandería ecolóxica