A Xunta organiza unha actividade formativa sobre materiais forestais de reprodución

Está dirixida a axentes do sector da madeira e será impartida na Escola Galega de Administración Pública en Santiago.

A Xunta organiza unha actividade formativa sobre materiais forestais de reprodución

A Escola Galega de Administración Pública (Egap) en Santiago de Compostela, acollerá o vindeiro día 28 deste mes unha actividade formativa promovida pola Xunta sobre produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución e dirixida aos axentes do sector que se dedican á produción e comercialización de sementes, plantas ou partes de plantas forestais.

A acción está organizada pola Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e nela abordaranse os distintos procedementos administrativos que son de obrigado cumprimento para os viveiros que obteñen materiais forestais de reprodución. Ao tempo, este evento pretende ser tamén un foro de encontro entre estes viveiros e os responsables da administración forestal con competencias nestas materias.

A actividade desenvolverase en xornada de tarde, entre as 16 e as 20,30 horas. As inscricións para participar nesta acción formativa poden facerse no seguinte link: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro luns, día 25 de setembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información