Xornadas de voluntariado no Barbanza para eliminar acacias e plantar frondosas

O Laboratorio Ecosocial busca implicar á cidadanía na recuperación ambiental dos montes

Xornadas de voluntariado no Barbanza para eliminar acacias e plantar frondosas

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca a primeira xornada de voluntariado nos montes da comarca para eliminar especies exóticas e invasoras, caso da acacia, e para promover a plantación de frondosas autóctonas.

A actividade marca o inicio dunhas xornadas de voluntariado que se celebrarán nos montes barbanzáns organizadas pola Fundación Montescola, entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria,voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio, que teñen como obxectivo implicar a cidadanía na recuperación da biodiversidade e fortalecer as redes colaborativas da comunidade.

Esta primeira acción terá lugar na mañá do domingo 14 de abril en Froxán (Lousame), e centrarase na eliminación de acacias e a plantación de pradairos. Aberta a todos os públicos e idades, a actividade supón unha oportunidade para aprender a descascar acacia e participar na plantación de medio cento de pradairos nunha zona na que Montescola ven traballando nos últimos anos para eliminar especies invasoras e recuperar a biodiversidade.

As persoas interesadas poderanse inscribir na actividade enviando un email a info@montescola.org antes do venres 12. Ao rematar os traballos ofrecerase o tradicional xantar de albaroque.

Apoio

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio parala Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información