Xornada sobre boas prácticas agrarias no cultivo do trigo do país

Xornada sobre boas prácticas agrarias no cultivo do trigo do país

Trigo da variedade Callobre

A  Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos organiza a xornada “´BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS NO CULTIVO DE TRIGO DO PAÍS”, que se desenvolverá o vindeiro venres 22 de outubro. En horario de 9.00 a 14.00 horas na Aula O Laranxo (Abegondo –  A Coruña).

Contidos do curso:

-A Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego. Oportunidades para a produción de trigo.

-A avaliación da potencialidade da conversión do cultivo cara a produción ecolóxica.

– Rotación de cultivos dende o punto de vista agronómico e da rendibilidade económica.

-Preparación do terreo e laboreo. Redución do laboreo para a conservación do solo.

– Abonado e fertilización.

– Sementeira. Control de malas herbas, pragas e enfermidades.

Imparten:

· Manuel Da Cunha. Grupo Da Cunha
· Fernando Almeida. Enxeñeiro Agrónomo

Persoas destinatarias:

– Agricultores/as en activo.
– Persoas responsables e traballadores de empresas agroalimentarias.
– Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
– Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
– Persoas responsables e traballadoras de empresas de servizos agrarios.

As solicitudes poderanse presentar en:

Na ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS-BETANZOS: diego.miranda@marinasbetanzos.gal
SEDE ELECTRÓNICA, a través do procedemento PR004A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=gl

Inscrición:
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Asociación Mariñas-Betanzos, empregando o seguinte formulario:
https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/formacion-2021/Formulario%20solicitude%20de%20asistentes%20(word)%20(2).docx

cartel xornada trigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información