Xornada este sábado sobre recuperación e prevención de incendios no Xurés

A recuperación e prevención de incendios nos montes do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés centrará a “I Xornada de Traballo Xurés Vivo” que este sábado, 28 de novembro, se celebra de forma online.

A iniciativa, promovida pola Comunidade de Montes de Riocaldo (Lobios) co apoio do seis concellos que integran o parque, persegue involucrar a expertos para definir un plan de acción que axude a recuperar o monte queimado, así como identificar accións de prevención para evitar futuros incendios, un problema que afecta cíclicamente a esta comarca.

A xornada está previsto que se desenvolva entre as 10,30 e as 13,00 horas e contará coa participación dos presidentes da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González; da Asociación Portuguesa de Geógrafos, Antonio Bento Gonçalves, e da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, Xosé Alfredo Pereira, ademais do director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, Juan Picos.

Participa na reunión a través deste enlace

xornada montes xures

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información