Xornada en Paderne sobre os viños da IXP Terra de Betanzos

Publicidade
Xornada en Paderne sobre os viños da IXP Terra de Betanzos

A reserva da Biosfera Mariñas coruñesas acollerá unha xornada en Paderne arredor dos viños das IXP de Galicia (Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Viño da Terra de Barbanza e Iria e Viño da Terra do Val do Miño Ourense) con catas e faladoiros con especialistas.

As estratexias de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, as características da variedade branco lexítimo (variedade por excelencia da IXP Terra de Betanzos), o papel das Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños ou a promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo serán algúns dos temas que se abordarán nos faladoiros que se van celebrar no entorno da Capela da Esperela (Paderne) o vindeiro martes 12 de xullo.

Ese mesmo día celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos do ámbito de Betanzos e da administración pública.

Pola tarde e no mesmo lugar terá lugar o túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta Indicación Xeográfica Protexida así como das outras tres que existen en Galicia a través de catas comentadas.

A asistencia aos eventos é gratuíta con prazas limitadas. Por iso é necesario inscribirse a través da web viños.ixp.gal

Programa:

10:30 Benvida e presentación institucional: César Longo Queijo (alcalde de Paderne), Xosé Antonio Santiso Miramontes (alcalde de Abegondo e presidente GDR As Mariñas Betanzos), Jorge Blanco Ballón (xerente do GDR Mariñas-Betanzos)

11:00 Dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia: Alfonso Ribas Álvarez (Fundación Juana de Vega)

11:30 As Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños: o caso de Betanzos. Xoana Varela Auber (Oficina Agraria Comarcal de Betanzos)

12:00 Branco lexítimo: a variedade por excelencia que define a viticultura na IXP Terra de Betanzos. Xosé Antonio Meixide Fernández (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo — CIAM)

12:30 Promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Miguel Fernández Pardo (Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo)

13:00 Acto institucional de apoio e promoción dos viños das IXP.

17:00 Catas de viño comentadas para profesionais (HORECA).

18:30 Catas de viño comentadas abertas ao público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información