Webinar sobre solucións innovadoras para predición de enfermidades fúnxicas no viñedo

Publicidade
Webinar sobre solucións innovadoras para predición de enfermidades fúnxicas no viñedo

O luns 6 de setembro terá lugar o webinar final do Grupo Operativo VITICAST, onde se describirán todos os aspectos técnicos e aplicativos da ferramenta que desenvolveron para optimizar a produción e fomentar o cultivo sustentable da vide a través da innovación no manexo das enfermidades fúnxicas de maior incidencia (mildiu, oídio e botrite). Ademais, presentarán os principais resultados obtidos no proxecto, que alcanzou a súa fase conclusiva.

VITICAST, un Grupo Operativo supra-autonómico, desenvolveu unha ferramenta de aviso de posibles infeccións na que se combinan datos meteorolóxicos medidos a pé de parcela, a predición dos estados fenolóxicos da vide e a concentración de esporas e inóculo necesario para que se produza a infección. Esta ferramenta permite estimar con antelación a produción da colleita, así como reducir os tratamentos antifúnxicos aplicados en viñedo.

O proxecto de innovación conta coa participación de FEUGA, Monet Tecnoloxía e Innovación, a Universidade de Vigo, a Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA, Deputación de Pontevedra) e as adegas Hacienda Monasterio, Viña Costeira, e Matarromera.

VITICAST está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. Orzamento total do proxecto: 615.249,11 euros, Subvención total: 599.957,11 euros.

Data: luns 6 de setembro de 2021

Hora: 16 horas

Plataforma: ZOOM (con tradución simultánea ao inglés)

Máis información:

https://www.infowine.com/es/agenda/soluciones_innovadoras_para_prediccin_de_enfermedades_fngicas_en_vid_sc_19950.htm

Inscripción gratuita a través del siguiente enlace: https://zoom.us/webinar/register/7516280823557/WN_Q6q9P7rVQA6wcrZ_Zl-Lvg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información