A viña entra na fase máis delicada para o cultivo

Publicidade
A viña entra na fase máis delicada para o cultivo

Acio en flor co mildio freado por un tratamento. Foto: Estación Fitopatolóxica de Areeiro

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, ven de emitir este luns o seu aviso fitosanitario, no que ofrece unha avaliación do estado sanitario das viñas e unhas recomendacións para o seu coidado.

En xeral, as viñas están no período de floración/formación do froito, unha fase extremadamente sensible no ciclo da viña, polo que é preciso reforzar a vixilancia e dos coidados.

Así, en canto ao mildio, tanto nas plantas tratadas da viña da Estación Fitopatolóxica de Areeiro ﴾a última aplicación fora na primeira semana do mes﴿, coma nas testemuña ou nunhas abandonadas que atoparon os técnicos, empezan a aparecer manchas novas.

As previsións meteorolóxicas apuntan a que se poidan producir precipitacións illadas en forma de chuvasco, pero varían nas porcentaxes de que se produzan, nos días en que poden darse e na contía e momento do día en que poden ter lugar.

“Por esta incerteza non se pode aportar unha recomendación xeral máis que a de que hai que incrementar a vixilancia e estar alerta ao que realmente suceda en cada localidade: o patóxeno verase moi favorecido se as temperaturas son elevadas e se producen chuvascos ﴾tormentosos ou non﴿, o que implicará que de xeito case seguro haxa que renovar as intervencións”, recomendan dende Areeiro.

Primeiros síntomas de oídio

Na revisión do pasado xoves 18 os técnicos da Estación de Areeiro atoparon os primeiros síntomas de oídio nunha folla de albariño dunha das viñas da súa rede de seguimento habitual ﴾o ano pasado o mesmo feito tivera lugar a
mediados de xuño﴿, tendo en conta que nesta viña non se fixera aínda ningunha aplicación antioídio e detectouse a enfermidade só nunha única folla.

“A detección implica que a partir de agora haberá que incluír a este patóxeno nos plans de tratamento ao igual que o mildio, tendo en conta ademais que os grans están recentemente formados e hai que protexelos”, aconsellan.

Black rot

De momento non observaron novas manchas de Black Rot, graza a que as condicións de ventos secos non o favorecen. Con todo, inciden en que “é necesario manter a vixilancia, xa que a uva recentemente formada é moi sensible a este patóxeno”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información