Webinar este mércores sobre alimentación en gandarías de vacún de leite con robots de muxido

Webinar este mércores sobre alimentación en gandarías de vacún de leite con robots de muxido

A Asociación Nacional de Especialistas en Medicina de España (ANEMBE) organiza para mañá mércores, 19 de maio, un webinar sobre “Alimentación en explotacións con robots”.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online por Ángel Ávila, asesor independente de explotacións de vacún de leite e de carne, así como empresas de aditivos, premix e industrias do sector, nas áreas de nutrición, manexo, instalacións e xestión técnico-económica.

O seminario terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior.

“O que máis demanda un propietario que decide instalar un muxido robotizado é estimular a frecuencia de muxido e que as vacas asistan ao mesmo e isto debemos manexalo a través da formulación. Un dos factores máis importantes para conseguir éxito no noso robot é ter unha ración balanceada e defenido un protocolo nutricional claro na explotación”, explica o autor.

Neste sentido, o webinar explicará como fornecer as necesidades dos animais en sistema robotizado, en función do seu nivel de produción, número e curva de lactación (primíparas e multíparas) ou dias desde o parto. Así mesmo, abordarase como analizar a actividade da rumia, vixiar a fluctuación do peso corporal durante toda a lactación e monotorizar a relación de graxa e proteína do leite individualizado.

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información