Volta á normalidade en Silleda con suba de prezos

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca volveu celebrar a poxa de gando de todas as categorías e rexistrou subas en case todas

Volta á normalidade en Silleda con suba de prezos

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, tras a Semana Santa, volveu celebrar a poxa con toda normalidade. Neste primeiro martes de abril, rexistráronse subidas de prezos en case todas as categorías.

En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 1.088 animais, dos cales 1.048 foron adxudicados.

Prezos do vacún
Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría, como na pasada semana non houbo poxa, non se poden facer comparacións de prezos. Así, os prezos medios nesta xornada quedaron da seguinte maneira. Na raza frisoa, os becerros de 15 a 20 días cotizáronse a 132 euros; os de 21 a 50 días a 152 euros e os de máis de 50 días a 186 euros. En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 359 euros; os de 21 a 50 días con 413 euros e os máis adultos en 566 euros.

02_04_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 1.030 euros, é dicir 465 euros máis que a semana pasada. Os machos de cruces industriais tamén incrementaron o seu valor (+126 euros) até os 1.037 euros. Mentres, as femias aumentaron en 36 euros e quedaron nun valor medio de 914 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.076 euros de media os machos (-57 euros) e a 896 euros as femias (-7 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Tenreira Galega Suprema incrementaron o seu valor 33 euros até conseguir un prezo de referencia de 955 euros.

No vacún maior houbo subida xeral de prezos. Na categoría extra incrementouse o valor medio en 162 euros, quedando en 2.260 euros. Na primeira a suba foi de 44 euros e fixouse nos 1.171 euros. Na categoría segunda chegaron ata os 777 euros (+57). Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia viron aumentado o seu valor medio (119 euros) con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.815 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo.

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 108 euros (cun prezo de 5,4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 103 euros e cun prezo por quilo de 5,15 euros. Ambos tiveron unha subida de dous euros.

02_04_2024_page-0002

O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada. Desta maneira, os prezos quedan así: os da XL 2,83 euros; os da L en 2,36 euros; os da M en 2,20 euros e, finalmente, os da S en 1,89 euros.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información