Uns 300 produtores lácteos galegos aínda non solicitaron as axudas de mínimis

ASAJA Galicia lembra que para recibir a axuda os gandeiros teñen que cumprimentar canto antes un formulario que se atopa na páxina web do MAGRAMA

Uns 300 produtores lácteos galegos aínda non solicitaron as axudas de mínimis

Gandeiros nunha manifestación en Santiago de Compostela.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente indicoulle a ASAJA Galicia que aínda hai uns 300 gandeiros galegos que non asinaron a “Declaración responsable” de non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13 da lei 38/2003, de 17 de novembro.

Sen este trámite, que se pode cumprir a través do formulario habilitado na páxina web do Ministerio, o FEGA non poderá facer efectivo o pago destinado a compensar as dificultades económicas no sector lácteo.

Dende ASAJA Galicia pídenlle aos gandeiros interesados realicen este trámite “cando antes” e poñen a disposición as oficinas da organización agraria para solucionar dúbidas.

Instrucións

Para acceder as axudas de mínimis para o sector lácteo, os interesados deben seguir as seguintes instrucións que fixo públicas o Ministerio:

Na páxina principal do MAGRAMA (www.magrama.es) debe pulsar no enlace (banner) que pon: “NOVEDAD: Ayudas de liquidez para el sector lácteo”. A continuación, na columna da dereita, pulsar en “Formulario declaración responsable”, e seguir os seguintes pasos:

1.- Na primeira pantalla, deberá introducir:
– O seu NIF
– O crotal dunha das vacas presentes na súa explotación a 1 de outubro de 2015 (non é necesario que sexa o introducido para a autentificación no anterior formulario para o pago)
– O crotal da nai desa vaca, de acordo co DIB.

Despois, deberá pulsar “Aceptar”

2.- Na seguinte pantalla, deberá marcar as dúas casillas seguintes:

– “DECLARO no encontrarme incurso/a en ningún procedimiento de reintegro de subvenciones, ni en ninguna de las restantes prohibiciones previstas en los apartados 2 y 3 del artículo 13 de la Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones”

– “DECLARO que son ciertos los datos y documentos que presento, que serán incorporados al fichero “Tasa de Producción Láctea” inscrito en la Agencia Española de Protección de Datos y cuya titularidad corresponde al Fondo Español de Garantía Agraria, y se autoriza su comunicación al Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente para su uso y tratamiento, a efectos del inequívoco consentimiento del interesado recogidos en los artículos 6 y 11 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal, de cara a la realización de los trabajos asociados a la concesión directa de ayudas establecida en el Real Decreto 849/2015”

3- Unha vez marcadas as dúas casillas, deberá pulsar “Grabar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información