Un gandeiro de Forcarei, novo responsábel do sector lácteo no Sindicato Labrego

A organización agraria celebrou en Lalín un congreso sectorial no que tamén resultou elixida Ana Rodríguez, gandeira de Chantada, como vicerresponsábel

Un gandeiro de Forcarei, novo responsábel do sector lácteo no Sindicato Labrego

O Sindicato Labrego vén de celebrar en Lalín o seu Congreso de Leite. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron nos meses previos.

Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.

Manuel Villaverde.

Manuel Villaverde.

Aumento de custos
Na súa análise da situación do sector, a organización agraria destaca o progresivo peche de granxas en Galicia, unido aos prezos máis baixos do Estado.

“A falta de terras e o incremento produtivo das granxas que van quedando fan que o modelo predominante camiñe cada vez cara a unha maior intensificación e, polo tanto, cara a unha maior dependencia de insumos do exterior, o que nos fai especialmente vulnerables” -pronostica o Sindicato Labrego-. “Nos vindeiros anos, é previsible que a escaseza de petróleo se traduza nun notable incremento no prezo do millo e da soia importados, dos abonos nitroxenados, do carburante necesario para traballar as terras e transportar as producións… Incremento constante de custes co prezo para o leite en orixe máis baixo do Estado e un dos máis baixos de Europa: O conflito está servido”, conclúen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información